ROLAND GARRÓS
Despois de ver a vosa parte máis creativa e orixinal coas coreografías, seguimos avanzando neste trimestre cos deportes individuais, pero neste caso con raqueta. Imos comezar polo tenis. Pero... que sabedes deste deporte? De seguro algo tedes escoitado pero quizáis non teñades moi claro como é realmente o xogo. Déixovos información que espero satisfaga a vosa curiosidade. Preparade as raquetas!!
Regras básicas de tenis
O tenis é un dos grandes deportes individuais. Ao longo da historia existiron neste deporte grandes xogadores e xogadoras que quedarán na lembranza de todos/as para sempre. Pero á hora de iniciarse no mundo do tenis, temos que ter claras cales son as regras básicas do mesmo. Comezaremos falando da pista de xogo.
A pista é
un rectángulo de 23,77 m de largo por 8,23 de ancho. Está dividida na súa metade por unha rede suspendida
cunha altura na súa parte central de 0.914 cm e de 1.07 m nos seus extremos.
As liñas da pista
Liñas de fondo:
Liñas de saque: Son as liñas que cruzan a pista perpendicularmente a ambos lados da rede.
Liñas laterais: atópanse a ambos lados da pista, son
as máis longas de todas.
Marca central: É unha pequena liña que se atopa situada no centro da liña de fondo que marca o límite para executar o saque.
Cando
se gaña ou perde un punto:
- § Cando a pelota sae fóra dos límites da pista.
- § Cando un xogador/a non é quen de devolver a pelota por riba da rede.
- § Cando a pelota bota dúas veces seguidas no mesmo campo.
- § Cando o sacador/a comete dous erros ou falta consecutivas de saque. Isto é coñecido como “dobre falta”.
- § Cando a pelota golpea ao xogador/a ou calquera cousa que leve, a excepción da raqueta.
- § Cando o xogador/a lanza a raqueta cara a pelota e a golpea, sen que estea suxeita pola man.
- § Cando a pelota golpea na rede e pasa ao campo contrario botando o primeiro bote dentro deste.
O
saque
No Servizo:
Se un xogador/a realiza o 1º servizo, a pelota golpea a rede e pasa ao cadro
correcto de saque, este deberá repetirse e ao xogador lle quedarán aínda as
dúas pelotas dese lado.
No caso de ser o 2º servizo dende ese lado, só se repetirá este último.
Se a pelota non entra
dentro do recadro correspondente, o servizo non se repetirá e só lle quedará o
2º saque ou ben perderá o punto.
A puntuación no tenis
Puntuación
nun xogo
A puntuación
é a seguinte: 15, 30,
40 e xogo. O xogador/a que consiga gañar 4 puntos
antes que o adversario/a é o gañador. Á hora de reflectir no marcador a
puntuación, hai que ter en conta que sempre aparece primeiro a puntuación do
que saca y despois do que resta.
Exemplo: Antía saca fronte a Silvia e gaña:
30-15. Se no mesmo saque gañase Silvia o resultado sería 15-30.
En caso de empate 40-40
(deuce) tense que desempatar. Para que calquera dos dous xogadores gañen terán que
conseguir 2 puntos seguidos que reciben o nome de vantaxes. É dicir, se gañas
un punto tes vantaxe e se consegues facerte co segundo gañas o xogo pero, se
polo contrario perdes, volveriamos a un marcador de 40-40 e o xogo continuaría
ata que algún de ambos xogadores/as mantivese a vantaxe e gañase o xogo.
A puntuación no set
Normalmente os partidos
son a 3 set;
isto é, que o/a que gañe 2 sets gaña o partido. Cada set esta composto de 6 xogos
e o primeiro/a que chegue a esa cifra é o gañador, pese a que ten que facelo
con dous puntos de diferencia: 6-2, 6-3, 6-4, etc. En caso de chegar a 5-5 calquera
dos 2 ten que gañar por 2 xogos de diferenza: 7-5.
Se se produce un
marcador de 6-6, dispútase un tie-break. Neste caso, terase que seguir
disputando o xogo ata que algún dos dous xogadores/as gañe por 2 puntos de
diferenza; isto é, polo menos un marcador de 6-8. No Tie-Break os xogadores
cambian de campo cada 6 puntos.
Descansos
e cambio de pista
Todos os xogos impares (1-0,
2-1, 3-0, 4-1), cámbiase de pista e durante este período os xogadores gozarán
dun tempo de 1’30” min para descansar.
E ata aquí as regras. Agora teredes ocasión de comprobar a vosa habilidade cun xogo así como de ver distintas técnicas deste deporte nos seguintes enlaces:
O saque
Revés a dúas mans
Ningún comentario:
Publicar un comentario