ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

martes, 15 de decembro de 2015

CARREIRA DE CEE 2015 ( primeira parte)

O pasado venres 4 de decembro acudimos ás pistas de atletismo de Cee;alí discurriu unha proba de campo a través na que participaron centros de toda a comarca de Costa da Morte.
Alí estiveron unha gran representación do alumnado do Cpi Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.
Os alumnos e alumnas das diferentes categorías abarcaron dende os máis pequenos,terceiro de educación primaria, categoría benxamín, pasando polos medianos de cuarto e quinto curso categoría alevín e acompañados polos maiores de sexto curso categoría infantil; todos xuntos participaron na carreira cada un na súa categoría correspondente.
Fixeron un gran esforzo para rematar a carreira e xa levaban uns días entrenando para dito evento nas clases de educación física.
Botemos un ollo a un dos vídeos da carreira:


luns, 23 de novembro de 2015

Xornada de CAMPO A TRAVÉS en CEE

O venres 4 de decembro se realizará a Proba de Campo a través de Cee.
Os cursos que participarán na proba do noso centro son 3º,4º,5,e 6º de educación primaria.
O alumnado que participa na carreira disfrutará dunha xornada de actividade lúdica toda a xornada escolar;xa que despois da proba terán tempo para comer e tempo para ocio nos arredores de Cee.

Os participantes levarán roupa para cambiarse, dado que non sabemos as condicións meteorolóxicas que haberá ese día.
É un día para disfrutar a tope da saída:

Aquí recordamos a Nerea, que correu o curso pasado co Pichel, e dende o cole mandámoslle un bico moi forte e moita sorte no seu cole novo.

MAGOSTO NO PICHEL

O venres 13 de novembro celebramos o Magosto no Cpi Alcalde Xosé Pichel.
Aquí vos deixamos un vídeo para que teñades probas do ben que o pasamos:


domingo, 25 de outubro de 2015

Comezamos con Iudo para os peques de primaria

Como case todos os cursos escolares aproveitamos que o profe de extraescolares de iudo se brinda a facer unha xornada de probas deste deporte de loita.
Os pequenos proban unha sesión de xogos e actividades relacionadas co iudo e para mostra este vídeo,onde se ve o ben que o pasan nesta actividade na que se traballa a psicomotricidade, xiros,agarres, forza,estratexia....

BENVIDOS!

Aquí estamos de volta!
Inauguramos o novo curso escolar e comezamos a contar as actividades físicas e deportivas que facemos.

PREPARADOS???
 ALA IMOS!!!!!




sábado, 25 de abril de 2015

Asociación Íntegro e Martín Varela no cole!

A emoción embargounos o pasado mércores 22 de abril estiveron  no noso centro a Asociación de discapacitados Íntegro e o deportista de élite Martín Varela dando unha charla e unha exhibición de tenis en cadeira de rodas.
Gran profesional do tenis e gran persoa demostrou o seu talento como deportista de élite que é e como persoa pola cercanía de cara aos pequenos do centro e aos mestres que o acompañamos.
A Asociación Íntegro e Martín Varela deron unha charla sobre accidentes de tráfico e imprudencias ao volante e contaron as consecuencias.
Falaron tamén sobre a discapacidade física e a superación persoal; Martín acercounos de cerca á súa vida deportiva e como foi a súa incorporación progresiva ao tenis .
Mostrounos imaxes e vídeos de grandes deportistas que xogan ao tenis en cadeira de rodas, amosando o seu esforzo persoal por lograr os seus soños de xogar ao tenis.
Despois da charla, estivemos no polideportivo e Martín Varela acercounos ao xogo do tenis, pero coa dificultade añadida de facelo en cadeira de rodas.....Especialmente complicado....manexar a cadeira de rodas,facer xiros para colocarse no campo, agarrar coa outra man a raqueta.....uff....demasiados estímulos moi difíciles de controlar...
Martín xogou con alumnado de primaria e secundaria do centro, mostrando ter un trato cordial e afectivo con eles.
Foi un día moi emocionante e de gran aprendizaxe para todos os que alí estivemos:
ESPIRITO DE SUPERACIÓN!
Ollade as fotos de ese día:







martes, 21 de abril de 2015

VISITA DE ASOCIACIÓN ÍNTEGRO E MARTÍN VARELA DOURADO

MAÑÁN VIRÁ AO COLE ASOCIACIÓN ÍNTEGRO E MARTIN VARELA!!

PROHIBIDO FALTAR!!!

A asociación Íntegro de Baio acudirá mañán a primeira hora a dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º de primaria do Cpi Alcalde Xosé Pichel.
Posteriormente acudirá ao centro Martín Varela Dourado :



Gran deportista, xoga ao tenis en silla de rodas ; tivo un accidente de tráfico no  cal tivo unha longa recuperación. Neste camino acompañouno o seu irmá Esteban Varela, licenciado en Educación Física e que axudou moito de Martín na súa recuperación.
O cormelán prepara as Paraolimpiada de Río 2016 e xa está competindo para conseguir un bó rendimento a todos os niveis.
Si queredes seguir a progresión deste gran deportista aquí tedes a dirección do seu blogue:
http://martindecorme.blogspot.com.es/

Mañán esperamos a participación de todo o alumnado do centro.
Dende aquí FELICITAR a Martín pola sía traxectoria ascendente e por convertirse nunha gran persoa.



domingo, 12 de abril de 2015

XOGOS PARA TODOS

Estamos traballando unha nova unidade didáctica a cal leva por título XOGOS PARA TODOS e traballamos as distintas discapacidades visual, física...e facemos xogos e actividades deportivas relacionadas con elas. Tivemos colaboración da O.N.C.E de A Coruña que prestou material durante uns días para que o noso alumnado puidese experimentar con material específico para os discapacitados visuais e que se basean no sistema Braille. Ademais prestáronnos tamén o balón do deporte do Goalball. Para a próxima semana contaremos tamén coa colaboración da Asociación Íntegro de Nantón que traballan con distintas discapacidades, entre elas a motórica e compatirán connosco moitas experiencias. Deixamos un vídeo con algunhas das clases que fixemos estos días e esperamos ansiosos a visita de Íntegro. GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

xoves, 19 de febreiro de 2015

MAIS ACROSPORT!

Podemos ver máis fotos de acrosport nesta outra entrada:



















ACROSPORT NO PICHEL

Pois xa rematamos a unidade didáctica de acrosport, que son equilibrios con acrobacias incluídas.
E para que teñades unha idea do que traballamos veredes unhas fotos das distintas clases.
Dicir que no acrosport hai persoas que fan funcións moi importantes, como son o portor e o áxil ;o portor e a persoa que soporta o peso da figura, de estas persoan depende a estabilidade do resto.
E por outro lado o áxil son as persoas que son máis lixeiras e poden subir enriba dos portores.
Un tema moi importante no acrosport é a seguridade no momento de realizar as figuras acrobáticas.
Hai que ter moito cuidado de non facer dano aos compañeiros para facer as figuras,xa que un mal apoio nunha persoa pode provocar unha pequena lesión.









 



 
 
 

















mércores, 18 de febreiro de 2015

TODOS XOGAMOS XUNTOS

Esta actividade deportiva iniciouse como unha aprendizaxe para uns alumnos de primaria do noso centro e convertiuse nunha serie de partidos de deportes variados onde alumnos de primaria e secundaria compartiron xogos e novas aprendizaxes.
Resultou unha acción pedagóxica con bos resultados e ainda por riba o alumnado implicado tanto de primaria como de secundaria participou de forma voluntaria e disfrutaron a tope dos xogos, entre eles brilé, baloncesto,fútbol...

Ollade as imaxes dos diferentes partidos:




Agradecemos moitísimo aos colaboradores de secundaria Gerardo e Álex a súa implicación e participación nos encontros,así como tamén ao alumnado participante dos cursos de 5º e 6º de primaria do Cpi Alcalde Xosé Pichel.
Grazas chicos e xa avisaremos cando se volva a repetir!

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Xornada deportiva Xosé Pichel -Canosa Rus



O pasado martes 27 de xaneiro levouse a cabo unha xornada deportiva intercentros entre o alumnado de 6º de educación primaria do Ceip Canosa Rus de Coristanco e o Cpi Alcalde Xosé Pichel de Coristanco tamén.



Realizáronse ao longo da mañán varios xogos deportivos como brilé, balón torre e fútbol sen balón.
A xornada foi lúdica e divertida na que o alumnado dos  centros coñecéronse, xuntáronse, falaron das normas dos xogos, dos seus coles, e de outros temas variados.
Podemos concluir que foi unha xuntanza divertida e gustosa que repetiremos ao logo do curso escolar.
Ollade o vídeo das fotos que se fixeron durante a xornada:







domingo, 25 de xaneiro de 2015