ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

martes, 25 de abril de 2017

DÍA DA BICICLETA

  O 25 de abril amenceu un día anubrado pero agardado con moitas gañas por todos e todas. Grazas á colaboración do clube ciclista carballo, os nenos/as tiveron a ocasión de poder practicar e divertirse un bo anaco realizando un circuíto en bicicleta polo patio.

  Moitos trouxeron da casa a súa propia bicicleta pero incluso aqueles/as que non, circularon atendendo ás normas de seguridade viaria polo percorrido marcado. Escoitaron tamén uns consellos para facer ben as cousas e desprazarse neste medio de transporte con sentidiño e bo facer. E aínda que son cousas que ben sabemos, nunca está demais refrescar a memoria e tomar conciencia da importancia das normas e das medidas de seguridade.




  A actividade enlazouse coa tan ansiada visita de Alberto Andeu, o responsable do proxecto "Andando en bicicleta, ayudas al planeta". Podedes ver a continuación un enlace ao vídeo do momento da chegada e o fenomenal acompañamento que tivo por parte de toda a comunidade educativa do Pichel.




  Ata saímos en prensa e todo! non perdades nin unha letra da noticia!!

  Aproveita sempre que poidas, colle a bicicleta, non esquezas o casco e ponte en marcha porque...

¡¡MONTANDO EN BICICLETA, AXUDAS AO PLANETA!!


xoves, 6 de abril de 2017

ROTEIRO REGUEIFAS


  Dentro da Semana Cultural do noso centro, hoxe foi un día especial. O porque ídelo saber en breve...

  O noso CPI ten a peculiaridade de estar dividido en dous edificios separados e dado que os recreos non son coincidentes, parecíanos fundamental ofrecer a alumnos e alumnas de dúas etapas e idades ben diferentes a oportunidade de pasar unha xornada de convivencia . Deste xeito, xurdiu a idea de facer un roteiro visitando as casas dos regueifeiros e regueifeiras máis importantes da zona: Fermín da Feiranova, Costa de Xaviña, Blanco de Muíño Seco e Guillermo da Rabadeira. Os alumnos/as de 5º e de Secundaria gozamos dunha xornada de andaina na que nos acompañaron dúas personaxes de grande sona: Suso e Antonio de Xornes, regueifeiros excepcionais que nos contaxiaron da súa ilusión por este arte dialéctica e nos ofreceron mostras da mesma en cada parada que fixemos. O noso CPI non quixo manterse á marxe e rapaces e rapazas da E.S.O, prepararon unha loita dialéctica de regueifa. A velada finalizou cun xantar campestre en Xaviña para voltar ao colexio camiñando todos e todas xuntos. A Voz de Galicia fíxose eco da noticia. Non perdas detalle dela!


  De cara á entrada da primavera e á chegada do bo tempo, aproveitade a ocasión para facer en familia a ruta do roteiro. O nivel de dureza é asequible para calquera e pode converterse nunha ocasión ideal para pasar un bo rato facendo exercicio e contando contos. Probádeo!!