Dentro da Semana Cultural do noso centro, hoxe foi un día especial. O porque ídelo saber en breve...
O noso CPI ten a peculiaridade de estar dividido en dous edificios separados e dado que os recreos non son coincidentes, parecíanos fundamental ofrecer a alumnos e alumnas de dúas etapas e idades ben diferentes a oportunidade de pasar unha xornada de convivencia . Deste xeito, xurdiu a idea de facer un roteiro visitando as casas dos regueifeiros e regueifeiras máis importantes da zona: Fermín da Feiranova, Costa de Xaviña, Blanco de Muíño Seco e Guillermo da Rabadeira. Os alumnos/as de 5º e de Secundaria gozamos dunha xornada de andaina na que nos acompañaron dúas personaxes de grande sona: Suso e Antonio de Xornes, regueifeiros excepcionais que nos contaxiaron da súa ilusión por este arte dialéctica e nos ofreceron mostras da mesma en cada parada que fixemos. O noso CPI non quixo manterse á marxe e rapaces e rapazas da E.S.O, prepararon unha loita dialéctica de regueifa. A velada finalizou cun xantar campestre en Xaviña para voltar ao colexio camiñando todos e todas xuntos. A Voz de Galicia fíxose eco da noticia. Non perdas detalle dela!
De cara á entrada da primavera e á chegada do bo tempo, aproveitade a ocasión para facer en familia a ruta do roteiro. O nivel de dureza é asequible para calquera e pode converterse nunha ocasión ideal para pasar un bo rato facendo exercicio e contando contos. Probádeo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario