Estámolo a facer ben, xa temos un cuarto especial para material de recreos e/ou gardas se o profesor/a ten a ben usalo. Só hai que apuntarse na folla da porta e...listo¡¡, calquera incidencia comunícase ao profesorado responsable destes tempos e ¡atoparemos solución¡, non o dubidedes.
Por certo, o curso que ven tentaremos ter outro/s patinetes; son todo un éxito.
Agradecer a colaboración de dous alumnos maravillosos a que esta nova organización para dispor de material de recreos e de recreo de comedor fora posible de verdade. Aprendemos moito xuntos, resolvimos situacións do día a día, e saímos dos conflictos como mellor sabemos: aprendendo. Seguide así, bicos das profesoras responsables da xestión destes tempos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario