ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

mércores, 8 de xuño de 2011

CARREIRA EN CARBALLO DIA 19

Chicos e chicas!! para quen lle interese apuntarse hai unha carreira en Caraballo o próximo día 19,así que animádevos!!,mirade!:

INSCRICIÓNS ATÉ O SÁBADO 12 DE XUÑO
Aberto o prazo para anotarse na I Carreira Popular Concello de Carballo que se celebra o 19 de xuño
O Concello de Carballo a través do Padroado Deportivo Municipal informa de que está prevista a celebración da I Carreira Pedestre Popular o domingo 19 de xuño. Os participantes recibirán como agasallo unha camiseta, a proba comeza ás 10.00 horas na Praza do Concello e a entrega de trofeos está prevista para as 13.30 horas. Efectuaranse 12 clasificacións independentes cos seus respectivos trofeos con arranxo ás seguintes categorías:
1º, 2º, 3º ALEVÍN masculino e 1º, 2º, 3º ALEVÍN feminino
1º, 2º, 3º INFANTIL masculino e 1º, 2º, 3º INFANTIL feminino
1º, 2º, 3º CADETE masculino e 1º, 2º, 3º CADETE feminino
1º, 2º, 3º XUVENIL masculino e 1º, 2º, 3º XUVENIL feminino
1º, 2º, 3º SENIOR masculino e 1º, 2º, 3º SENIOR feminino
1º, 2º, 3º VETERANS masculino e 1º, 2º, 3º VETERANS feminino

O percorrido constará de varios circuítos homologados pola FGA adaptándose a cada categoría e idade. A saída darase o Domingo 19 de Xuño ás 10.00 horas desde a Praza do Concello de Carballo, quedando a saída e a meta instalada no mesmo punto. Poderá participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade de acordo coas normas RFEA. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar nos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparado polos seguros da proba.

As inscricións poderanse realizar a partir do día 9 de Maio e até o 12 de Xuño por calquera dos seguintes procedementos:
Web: Click aquí.
Teléfono: 981 702 109 (de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e de martes a xoves de 17.00 a 19.00 horas)
Presencial: Nas Oficinas do Padroado Deportivo Municipal de Carballo, na rúa Vila de Corcubión, s/n.

Os datos necesarios son: NOME, APELIDOS, DNI, CLUB ou Independente, ANO NACEMENTO,TELEFONO


http://www.carballo.org/aodia/avisos/index.php?lg=gal#645

1 comentario: