ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 9 de decembro de 2012

MOI BOA A PARTICIPACION NA CARREIRA DE CEE

O pasado 5 de decembro celebrouse en Cee a Carreira de Campo través 2012 e por parte do noso centro,CPI Alcalde Xosé Pichel, houbo numerosa participación por parte do alumnado. Os pequenos participantes foron dende os pequenos de 3º que son os Benxamíns, pasando polo alumnado de 4º e 5 de primaria que son a categoría Alevín; e sin olvidarnos dos maiores de primaria, o alumnado de sexto que son os Infantís. Pois ben os primeiros en correr foron as pequenas benxamíns,logo os nenos;seguidos da categoría feminina e masculina alevín e por último a categoría Infantil, primero as nenas e logo os nenos. Fixérono estupendamente,estaban nerviosos antes da saída e esforzáronse na carreira para chegar á meta; a pesar das charcas do chan e algún pequenos obstáculos chegaron á meta, contentos e cansados;pero moi orgullosos de poder chegar á meta. Estupendo!! Noraboa a todos os participantes polo voso esforzo (tanto aos que levaron medalla como aos que non a levaron porque o seu esforzo é o premio). Moi ben,aqui tedes un vídeo dalguhas fotos que sacamos da carreira:

sábado, 24 de novembro de 2012

Carreira de campo a través en Cee

O mércores 5 de decembro celebrarase a Carreira de Campo a través de Cee. Nela participará o alumnado do segundo e terceiro ciclo do CPI Alcalde Xosé Pichel. Os alumnos levan unha temporada preparándose para esta carreira e xa están emocionados ante a data tan cercana. Ese día coincidiremos con outros centros da Costa da Morte como San Vicenzo de Vimianzo;Eugenio López de Cee,Nosa Señora do Carme de Fisterra, Dumbría,etc Dende o noso blogue animo a todos os alumnos a participar na carreira e sobre todo a disfrutar moito da mesma.

Capacidades físicas básicas

O alumnado do terceiro ciclo está aprendendo contidos sobre as capacidades físicas básicas: forza,resistencia, velocidade e flexibilidade ... Nos próximos días veremos o que aprenderon a través dos exames...

venres, 12 de outubro de 2012

Practicamos tiro con arco

Debido a intención do Concello de poñer como deporte extraescolar a actividade de Tiro con arco; a asociación que leva este deporte quiso promover a súa práctica entre o alumnado de primaria e de secundaria do CPI Alcalde Xosé Pichel;para iso acudiron ao centro a ensinarnos como se practica. Aquí tedes algunha mostra:
Chicos aquí presentamos ao alumnado de Educación Primaria deste curso escolar 2012-2013. Aquí aparecen os alumnnos de primeiro a sexto do noso centro, que xa están preparados para moverse e practicar deportes e actividades de todo tipo.

BENVIDOS !!

Comezamos unha nova andadura deportiva no curso escolar 2012-2013. Douvos a benvida a todos os que querades participar no noso blogue;o obxectivo é facer actividades lúdico- deportivas que nos aporten vivencias e nos ensinen a convertirnos en mellores persoas. Así que xa sabedes si queredes compartir algunha experincia dese tipo connosco ,aquí estamos. E dando xa o pistoletazo de saída deste curso escolar!!

domingo, 17 de xuño de 2012

CARREIRA POPULAR DE CARBALLO

O domingo 17 de xuño celebrouse en Carballo unha carreira popular na que participaron alumnos de Educación primaria e Educación secundaria do CPI Alcalde Xosé Pichel. A participación non foi moi abundante, pero sí excepcional, xa que os rapaces participantes deixaron a súa paisón na carreira, a pesar de ser un domingo e a unha horas "imprudenciais" para algúns que viñan con moito sono da cama. Noraboa a todos!! expecialmente pola participación e o madrugón matutino, e as vosas familias por estar aí ao pé do cañón para estas cousas; e sobre todo aguantando o "chaparrón" literal que caeu na entrega de trofeos. Mención especial para Ana e Enma que acadaron trofeos na categoría Infantil feminina. Dende aquí anímovos a seguir así: A POR TODAS!!

Premiados polo trofeo conseguido

A pasada semana entragamos as mestras de Educación física de primaria e secundaria un pequeno detalle simbólico aos participantes na Carreira popular de Costa da Morte, celebrada este ano en Coristanco. O xesto foi debido a que o centro recibiu un premio por ser o colexio que máis alumnado tiña participando na carreira;debido a esto homenaxeamos aos participantes polo seu esforzo!. NORABOA A TODOS!!

luns, 28 de maio de 2012

XOGAMOS COS AMIGOS DE VIMIANZO

O pasado venres 25 de maio acudiron ao noso centro, CPI Alcalde Xosé Pichel os compañeiros de 5º curso do CEIP San Vicenzo de Vimianzo. Foi a primeira xornada lúdico-deportiva que celebramos no noso centro e ocurriu da seguinte forma: O alumnado de 5º curso do noso centro esperaba ansiosa a chegada dos compis vimianceses,e foron recibidos cos brazos abertos. Para esta xornada fixemos unha pequena adaptación para mellorar o clima de convivencia entre os centros,que foi mezclar ao alumnado dos dous centros e facer equipos xuntando nenos e nenas de Vimianzo e de Coristanco por equipos, o cal favoreceu moito o clima de cordialidade entre os pequenos. Foi unha xornada na que xogaron ao brilé, ao baloncesto ou balón torre, fútbol...contamos coa colaboración de alumnado de 6º curso que fixeron de árbitros e explicaban as normas antes de comezar os partidos. Os alumnos dos centros de Vimianzo e Coristanco conversaron entre e eles e o mellor de todo foi escoitar ao finalizar a xornada :"jooooo, é que agora non queremos que marchen,porque xa son os nosos amigos...". Para os que facemos este esforzo de preparar as xornadas deportivas, esta foi unha moi boa recompensa,escoitar dos nosos alumnos que además de facer deporte, facemos AMIGOS !! Chicos aquí vos queda un vídeo de recordo da xornada dos AMIGOS:

OS NENOS DO PICHEL NA CARREIRA POPULAR COSTA DA MORTE

O pasado sábado 26 de maio pola tarde celebrouse a VI Carreira popular Costa da Morte, que este ano tivo a súa saída dende o CPI Alcalde Xosé Pichel,isto fixo que algúns dos alumnos do noso centro se animaran a participar na mesma, dado a cercanía da súas casas. Así primeiro fíxose a carreira dos adultos ás 5 da tarde e ao remate da mesma celebrose a dos nenos maiores, a partir de 5º curso (11 anos)e incluidos os da E.S.O., que corrían 5 kilómentros, e posteriormente tivo lugar a saída dos máis pequenos, dende 1º (6 anos) ata 4º curso (10 anos) que corrían 1 kilómetro ao redor do centro. Todos fixeron un bó esforzo físico ao aguantar todo o percorrido, especialmente os que tiveron que correr 5 kms, dado que é unha grande distacia para nenos tan pequenos. Na carreira dos máis pequenos houbo un pequeno incidente na saída e caeu algún pequeno debido ás presas coas que saíron;pero ao final todos chegaron á meta en perfectas condicións. Os alumnos Kevin Rodríguez Couto e Alex Docampo Bello levaron trofeo nas súas categorías e o centro CPI ALCALDE XOSE PICHEL levou un trofeo e premio en metálico por ser o centro que máis alumnado tivo participando na carreira. Dende aquí e como mestra implicada directamente nesta área, dou as GRAZAS! a todos os pequenos (educación primaria) e maiores(educación secundaria) que participáchedes na carreira e que fixéchedes posible que nos deran ese premio. Grazas a todos por participar e as vosas familias por estar alí animando nestos eventos.