Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
luns, 28 de maio de 2012
OS NENOS DO PICHEL NA CARREIRA POPULAR COSTA DA MORTE
O pasado sábado 26 de maio pola tarde celebrouse a VI Carreira popular Costa da Morte, que este ano tivo a súa saída dende o CPI Alcalde Xosé Pichel,isto fixo que algúns dos alumnos do noso centro se animaran a participar na mesma, dado a cercanía da súas casas.
Así primeiro fíxose a carreira dos adultos ás 5 da tarde e ao remate da mesma celebrose a dos nenos maiores, a partir de 5º curso (11 anos)e incluidos os da E.S.O., que corrían 5 kilómentros, e posteriormente tivo lugar a saída dos máis pequenos, dende 1º (6 anos) ata 4º curso (10 anos) que corrían 1 kilómetro ao redor do centro.
Todos fixeron un bó esforzo físico ao aguantar todo o percorrido, especialmente os que tiveron que correr 5 kms, dado que é unha grande distacia para nenos tan pequenos.
Na carreira dos máis pequenos houbo un pequeno incidente na saída e caeu algún pequeno debido ás presas coas que saíron;pero ao final todos chegaron á meta en perfectas condicións.
Os alumnos Kevin Rodríguez Couto e Alex Docampo Bello levaron trofeo nas súas categorías e o centro CPI ALCALDE XOSE PICHEL levou un trofeo e premio en metálico por ser o centro que máis alumnado tivo participando na carreira.
Dende aquí e como mestra implicada directamente nesta área, dou as GRAZAS! a todos os pequenos (educación primaria) e maiores(educación secundaria) que participáchedes na carreira e que fixéchedes posible que nos deran ese premio.
Grazas a todos por participar e as vosas familias por estar alí animando nestos eventos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
que risa mola
ResponderEliminar