ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

luns, 21 de maio de 2012

6 ª CARREIRA POPULAR COSTA DA MORTE

Este ano a carreira da Costa da Morte que está xa no seu sexto ano de participación ten a saída dende o Cpi Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Esta carreira celébrase o próximo sábado 26 de maio pola tarde ,da seguinte maneira: a carreira dos adultos comeza ás 17.00horas da tarde e os escolares ás 18.30 horas,a continuación dos adultos. As inscripcións poden facerse ata o mércores 23 de maio, vía online a través de http://carrera.elcorreogallego.es ;e tamén no edificio de servizos múltiples de Coristanco, en horario de 8 a 14 horas.O teléfono de información é 981.747.718. Os dorsais e chips recolleranse na zona de saída o mesmo día da proba dende as 15.00 ata as 16.30 horas. Haberá unha camiseta de agasallo para todos aqueles que participen na carreira e premios varios en función das categorías. O percorrido para os adultos serán 2 voltas de 5 kms cada unha. O percorrido para a categoría infantil (2000-2001), cadete(1998-1999) e xuvenil (1997-1995). o percorrido será de 5 kms Para as categorías alevíns e benxamíns(2002-2004) o circuito será de 1 km. Así que xa o sabedes, non? Pois apuntádevos!! PREPARADOS, LISTOS ....XA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario