Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
domingo, 6 de maio de 2012
Visitamos o C.E.I.P. San Vicenzo (Vimianzo)
O pasado venres 4 de maio acudimos por primeira vez á xornada "xogando ao atletismo" que se celebrou no polideportivo do colexio San Vicenzo en Vimianzo; eles foron os anfitrións da xornada, que foi organizada por xogade a través da federación de atletismo.
Nesta xornada participamos ademais de nós,o cole de Vimianzo, o C.E.I.P. Santa Eulalia de Dumbría,Nosa señora do Carme de Fisterra e outro cole de Noia.
Así que compartimos xogos,competición e diversión con nenos e nenas doutros centros,entre outras as actividades que fixeron foron: carreira individual entre os conos,lanzamento de balón medicinal, lanzamento de xavelina,salto horizontal, salto lateral e relevos por equipos.
Foi un día intenso e emocionante; e despois da xornada deportiva, comimos no polideportivo de Vimianzo,dado que estaba chovendo e visitamos o Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín, que nos quedaban no camiño de volta ao noso cole.
Foi un día completo en todos os aspectos: deportivo, cultural, emocional...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario