ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

luns, 28 de maio de 2012

XOGAMOS COS AMIGOS DE VIMIANZO

O pasado venres 25 de maio acudiron ao noso centro, CPI Alcalde Xosé Pichel os compañeiros de 5º curso do CEIP San Vicenzo de Vimianzo. Foi a primeira xornada lúdico-deportiva que celebramos no noso centro e ocurriu da seguinte forma: O alumnado de 5º curso do noso centro esperaba ansiosa a chegada dos compis vimianceses,e foron recibidos cos brazos abertos. Para esta xornada fixemos unha pequena adaptación para mellorar o clima de convivencia entre os centros,que foi mezclar ao alumnado dos dous centros e facer equipos xuntando nenos e nenas de Vimianzo e de Coristanco por equipos, o cal favoreceu moito o clima de cordialidade entre os pequenos. Foi unha xornada na que xogaron ao brilé, ao baloncesto ou balón torre, fútbol...contamos coa colaboración de alumnado de 6º curso que fixeron de árbitros e explicaban as normas antes de comezar os partidos. Os alumnos dos centros de Vimianzo e Coristanco conversaron entre e eles e o mellor de todo foi escoitar ao finalizar a xornada :"jooooo, é que agora non queremos que marchen,porque xa son os nosos amigos...". Para os que facemos este esforzo de preparar as xornadas deportivas, esta foi unha moi boa recompensa,escoitar dos nosos alumnos que además de facer deporte, facemos AMIGOS !! Chicos aquí vos queda un vídeo de recordo da xornada dos AMIGOS:

2 comentarios:

  1. Estivo moi ben, porque fixemos novos amigos e xogamos divertímonos.
    Ao final fixemos fotos todos xuntos para recordar aos nosos amigos

    ResponderEliminar
  2. Eu paseino xenial, conocín a algún amigo/a pero só recordo o nome de tres!
    Para o ano que ven poderíamos facer outra xornada se aos profes lles parece ben!
    Un saúdo a todos, pero en especial a Alejandra, a Tatiana e a Jorge.

    ResponderEliminar