Hai aplicacións para a PDI que son útiles e motivadoras para o aprendizaxe de contidos relacionados coa educación física e como tales serán usados nas miñas sesións e compartidas para o curso de tics e educación física "EFTIC-PLATEGA-2014"
ÓSOS E MÚSCULOS
Un xogo axeitado para PDI para traballar os principais ósos e músculos do corpo.
Desvantaxes:
- Os debuxos son demasiado infantilizados. Moi lonxano da realidade.
- Non ofrece aprendizaxe titorado previo. É só avaliativo.
- Faltan moitos elementos tanto do esqueleto coma dos músculos que son tan ou máis importantes coma os que avalía.
Vantaxes:
- Ofrece un feedback inmediato do acerto ou fallo e fai a corrección.
- Pode ser útil nalgún momento puntual coma xogo de entretenemento ou para avaliar o grao de coñecemento dos elementos que aparecen no recurso.
Destinatarios: Ata 2º de Educación Primaria.
aprende ósos e músculos
MÚSCULOS DO CORPO
Este é un recurso en liña que trata dos músculos do corpo. No inicio dásenos a oportunidade de aprender os principais músculos, pero posúe tamén unha parte de avaliación na que se nos presenta unha serie de actividades relacionadas con esta temática. En grande medida resultaría un recurso axeitado para empregar con PDI.
músculos do corpo
haber se pos algo mais
ResponderEliminar