Nesta ocasión preséntovos algo ben diferente e orixinal.
Trátase do II Trail das Terras do Xallas. O obxectivo é percorrer en familia a ruta do Wolfram, xa que é o 75 aniversario do descubrimento da mina de Varilongo. Percorreranse 8 quilómetros nunha andaina circular que sairá e chegará ao mesmo punto: O campo da feira de Santa Comba. Deste xeito, podedes incluír a papás, mamás, familiares ou mesmo irmáns e irmás maiores para que vos acompañen nunha caminata ao aire libre que, de seguro, será moi entretida. Podedes apuntarvos e consultar toda a información aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario