ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 25 de marzo de 2018

Semana cultural. Taller de letras corporales e outros inventos!!!

OLA!


Aquí os presentamos algunhas das fotos tomadas durante o taller de letras corporales ideado e seguido por Anna Canal e Elena Alcoba. Contribuímos co traballo a promoción da Mediación en Secundaria.

O alumnado e de 1º e 2º ESO:

















sábado, 24 de marzo de 2018

ALIMENTACIÓN. Nutrientes e pirámide alimenticia.

O alumnado de promoción de hábitos saudables fixo unha actividade cooperativa sobre os nutrientes básicos e a pirámidae alimenticia. O proceso foi o millor, aquí tendes unha mostra:




mércores, 21 de marzo de 2018

ENCONTROS DEPORTIVOS CANOSA-RUS

Xogamos sen parar!!!
  Por fin este curso retomamos os tan agardados encontros deportivos co CEIP Canosa-Rus, que está na mesma localidade que o noso, Coristanco. Era unha mágoa que centros tan próximos non poideran compartir un tempo, un montón de risas e, sobre todo, aprender xuntos e xuntas. Neste caso foron os alumnos e alumnas de 6º os que prepararon a visita. Como o tempo do que dispoñiamos era reducido, xa que retornaban para comer ao seu colexio, decidímonos por aproveitalo distribuíndoo do seguinte xeito:

  • Primeiro unha recepción de benvida na que cada neno e nena se presentou. Para os máis despistados/as e como lembrar tanto nome non é doado! Cada un/unha levaba unha etiqueta co seu. Deste xeito axilizamos o coñecemento entre eles e elas.
  • A continuación fixemos un macro xogo de pilla moi divertido: Virus e antivirus. Con tantos e tantas participantes foi de verdade emocionante.
  • Sen perder un só intre, pasamos á fase de partidos de xeito que cada equipo se distribueu nos tres campos que tiñamos sinalizados para tal fin. Xogamos ao fútbol sen balón, ao brilé e tamén a balón-torre. Os xogos foron un éxito e cando chegou a hora da merenda, esta foi moi ben recibida así como as botellas de auga, que en seguida desapareceron. Tras tanto esforzo había que hidratarse convenientemente!!! Ambas mestras de Educación Física así como os respectivos titores dos grupos temos que darvos a noraboa! Non é nada doado xogar con tantos grupos diferentes e ter a oportunidade de dicir que non houbo nin o mínimo problema! O máis importante é saber solucionar as posibles discordancias que aparezan na práctica por medio do diálogo. Chapeau!!!!! Un ole a todos e todas por isto!
  • Xa no recreo, houbo xogos libres varios donde os nenos e nenas do Canosa-Rus tiveron a oportunidade de interactuar con todos e todas os do noso centro.
  • O remate deste tempo levounos á biblioteca, onde lles explicamos o funcionamento e lle lemos un conto ben simpático e uns poemas de propia creación. Todos e todas estiveron moi atentos.
  Chegou con lástima a hora de despedirse, non sen antes acordar repetir a experiencia no terceiro trimestre. Só que nesta ocasión será o Pichel o que se desprace ata Rus. Vémonos en breve!!!



martes, 6 de marzo de 2018

OS ECOXIMNASTAS

  Xa están aquí... Os e as ecoximnastas!!! Sexan benvidos e benvidas! 



  Pero... Que é isto dos ecoximnastas?! Fácil, resúmese en tres "erres": 
Reducir, Reutilizar e Reciclar. 
  Reducir, xerando menos material de refugallo por exemplo na área que nos atañe: pensando ben que cousas precisamos adquirir e empregando aquelas que teñan máis utilidades; reempregando as que se desgastaron e en moitos casos se desbotan e, finalmente, reciclando no contedor apropiado as que xa non teñen utilidade polo risco que suón o seu emprego. Ben sabedes que o noso centro participa do proxecto de Voz Natura e preocúpase polo coidado do medio ambiente. Dende a área da Educación Física non podemos máis que por o noso pequeno gran de area a esta fantástica tarefa. Como? Creando o noso propio material a partir de cousas de refugallo tales como tapas e tapóns, botellas de plástico, cartóns, distintos tipos de envases, etc. Cáseque calqueira cousa pode valer para crear material para as nosas sesións. Pero non so isto!! Tamén para que o poidades empregar no voso tempo de lecer ou mesmo nos recreos chuviosos.

  Cremos que a sociedade de hoxe en día é excesivamente consumista, e cremos de corazón que non é preciso invertir demasiados cartos en xoguetes cando se poden fabricar de forma económica e, sobre todo, divertida. Isto é unha oportunidade fantástica para que compartades un rato de entretemento cos vosos irmáns ou irmás, pais e nais, avós e avoas... e todo aquel e aquela ao que convidedes a participar.

  A unidade foi realmente apaixoante e pasámolo fenomenal á par que melloramos a nosa competencia motriz. É só unha pequena mostra, pero velaiquí tedes unhas imaxes que dan conta do que argallamos.

Encesta tapa

Iogurcesto

Catapultas


O Twistterpichel

  Non esquezades que, tanto o material sobrante coma os xogos que de tanto uso se estraguen, é importantísimo que completedes o proceso reciclándoos no contedor apropiado para cada un deles.
  
  Para todos e todas os que queirades seguir profundando no tema, déixovos uns enlaces cunha chea de ideas curiosas que seria fenomenal probarades. 



http://edufisrd.weebly.com/construccioacuten-de-material-alternativo.html

VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS

  Preséntovos a seguinte cita do calendario: Dentro do V Circuíto de Carreiras pola Costa da Morte; a VII Carreira Pedestre do Camariñas. 


  Podedes apuntarvos no seguinte enlace. E consultar o regramento aquí.