ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

mércores, 25 de abril de 2018

DE ONDE VEN O LEITE?

 
 Unha alimentación saudable é un requisito imprescindible para garantir un bo estado físico e para que nos atopemos moito mellor. Tamén nos axudará a previr enfermidades, reducir os índices de obesidade e obter máis enerxía para movernos e para as tarefas do día a día. Dende o ministerio de Agricultura e pesca preséntannos a campaña:


(Se pinchas no enlace poderás coñecer máis detalles!)

 A través da mesma, pretendemos fomentar a importancia do consumo de leite e produtos lácteos entre a población infantil xa que son alimentos que conteñen unha importante riqueza en elementos nutritivos e un grande valor alimenticio que contribúe a levar unha dieta equilibrada.
 Todo isto foi presentado de forma lúdica de xeito que os nosos nenos e nenas aprenderon que hai diferentes tipos de alimentos; algúns dos cales debemos reducir o seu consumo pero outros, como os lácteos, que son importantes para o crecemento. Tamén nos informaron de cales son os pasos que sigue o leite dende que é obtido das vacas ata que finalmente se envasa para o seu consumo ou ben se transforma en derivados como os iogures ou o queixo. Todo está boísimo!! Pero agora xa sabemos en que cantidade debemos introducilo na nosa dieta diaria. E tamén de que hai cousas das que non debemos abusar!

  E para que teñamos sempre de referencia, esta é a pirámide alimentaria máis reciente, que inclúe as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, para unha dieta equilibrada e variada.


martes, 24 de abril de 2018

XORNADAS DEPORTIVAS COMPLEMENTARIAS. 1º E 2º ESO

O alumnado de 1º e 2º ESO poderá acudir os marte e xoves non festivos do mes de maio, de 16:00 a 17:00 horas ao pavillón polideportivo municipal (CPI). 

As familias responsabilizaranse da recollida dos nenos. 

A actividade non terá custe algún. 

Os alumnos/as estarán acompañados pola profesora Elena Alcoba que coordina a actividade.

Haberá unha reunión informativa este xoves 26 de Abril ás 16:00 na sala de usos múltiples. Se non poden asistir, a profesora Elena Alcoba queda a disposición para calqueira aclaración.

A autorización será entregada como máximo o mércores 2 de maio.

As familias deben axustificar ás faltas se os días están previamente autorizados máximo o mesmo día pola mañá.

O alumno/a  poderá voltar  a casa só ao remate da actividade previa notificación na autorización. En ningún outro caso.

domingo, 22 de abril de 2018

ORIENTACIÓN. 2º carrera, a Laboral, O Burgo

Esta vez fumos ao parque de Acea de Ama. O barro foi a teima da xornada. O alumnado foi acompañado polas profesoras de educación física, aquí tendes dúas fotos da xornada:

MAPITA:







DURANTE A CAREIRA:


O REGRESO:

CARRREIRAS DE ORIENTACIÓN. BOIRO

O 4 de abril, participamos por primeira vez en deporte de orientación. Na fase interzonal de Boiro.
os cursos de 3º e 4º ESO, enfrentáronse a unha proba fora da casa despois de adestrar con Susana Penas durante as clases de Educación Física durante o trimestre.

Acompañados por Susana Penas e Elena Alcoba e unha coidadora do CPI, experimentamos unha xornada con moitísima participación  e que compartimos con nenos e nenas de diferentes institutos de Galicia. E na que, sen dúbida, a diversidade funcional non foi obstáculo para pasalo ben.

Aquí tendes a lista dos participantes preparada por Susana Penas e algunhas fotos; tiquets individuais que te entregaban co resultado de cada participante, un dos mapas con lendas, unha baliza ca pinza electrónica:

domingo, 1 de abril de 2018

IV CARREIRA POPULAR POR PARELLAS "DE DOUS EN DOUS"

  Acabades de ler ben... Si! Non podedes deixar de probar esta carreira porque é super orixinal... Hai que correla en parella!! Estas poden ser mixtas ou non pero en calqueira caso os e as corredores deberán de ir unidos por unha cinta e chegar, como é lóxico, xuntos. De seguro tedes algún amigo ou amiga que se ha de animar a participar con vós.


    Podedes ler o regulamento completo aquí. E apuntarvos na seguinte páxina web. Non perdades detalle do vídeo doutras edicións: