ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

martes, 28 de xuño de 2016

Baile moderno e zumba no pichel

No último trimestre o alumnado de primeiro a sexto de educación primaria soltou a melena e fixo os seu pinitos co baile moderno, aeróbic e zumba.
Aquí temos unha mostra:




Actividade de Surf de fin de curso

O alumnado de quinto e sexto curso de educación primaria do centro despediron o curso facendo sur na praia de Razo.
Foi unha divertida xornada de praia, cun tempo soleado e pouco ventoso.
Os alumnos e alumnas disfrutaron dun curso de sur coa escola Art Sur Razo, os monitores explicaron as posibilidades de estabilizarse enriba da táboa, e coller unha boa posición de cara a coller as olas.

martes, 24 de maio de 2016

Xornada deportiva cultural no Ceip Canosa Rus

O luns 23 de maio o alumnado de 6º de primaria acudiu ao Ceip Canosa Rus de Corsitanco a unha xornada deportiva e de grandes ensinanzas de ciencias.

Así pois o alumnado de 6º curso de ambos centros disfrutaron de unha serie de xogos compartidos entre eles, tales como brilé, balón torre e fútbol sen balón.
Foron varios encontros xogados entre eles, sen rivalidade entre centros, e nun ambiente de total distensión e cordialidade.
Xogaron, coñecéronse, compartiron merenda e risas...moi grata experiencia de convivencia entre os centros.

Despois destos grandes momentos, os compañeiros de todo o colexio do Canosa Rus expuxo todo un proxecto enorme de extenso e ben feito sobre os dinosaurios.
Así é que aprendimos moito sobre ese tema, como tipoloxías de dinosaurios, alimentación, épocas nas que viviron, hipótesis sobre a súa desaparición...e moitísimas cousas máis que foron contadas dende o alumnado de infantildo seu colexio, pasando polo resto de aulas e alumnos de toda primaria. Unha experiencia moi formativa e interesante para nós.

Noraboa ao centro, alumnado e profesionais que traballan para aprender!!.

Noraboa ao alumnado de 6º de primaria do Ceip Canosa Rus e do CPI Alcalde Xosé Pichel, ámbolos dous de Coristanco pola boa convivencia e disfrute da xornada.

Aquí poñemos algunnhas fotos do día de convivencia, xogo e aprendizaxe:



mércores, 6 de abril de 2016

"PÁSAO" Pasamos o relevo do AUTISMO


O pasado venres 1 de abril celebramos no Cpi Alcalde Xosé Pichel de Coristanco o DIA MUNDIAL DO AUTISMO, que a data real de conmemoración foi o sábado día 2, pero como non estabamos no colexio ese día, decidimos facelo o venres.
O centro engalanouse con globos azuis polos corredores e fiestras.Alumnos, mestres e demais persoal do centro levabamos posto unha pulsera azul como sinal da nosa implicación polo AUTISMO.
Un grupo de alumnos do centro elaboraron unha preciosa pancarta conmemorativa da data.
E aproveitamos o tempo de recreo para facer unha carreira de relevos co lema "PÁSAO" pasando un testigo azul como repreentativo do día que celebramos.
Ademais baixamos ao patio pictogramas e outros elementos de comunicación que usamos coas persoas autistas para que o alumnado tivera opción a ver e comprender como é a comunicación que usamos coas persoas que teñen algunha dificultade neste sentido.

A implicación do alumnado foi máxima, xunto con algúns mestres que se animaron tamén a participar.
Houbo moita emoción e dedicación na carreira por parte de todos.
Foi un día especial e celebrado por todo o alto, como grito de guerra, para comunicar ao mundo que son PERSOAS con algunhas dificultades de comunicación que queren estar no mundo, como o resto.



































 
Añadir leyenda



"Si pudieras entrar en mi silencio, entenderías mis miradas.

Si pudieras escuchar mi corazón, diría cuánto te quiero.

Si pudieras mirar más allá de mi distancia, sabrías que no quiero estar solo.

No me juzgues por no ser como tú, ni me pidas que llegue a serlo.

Yo tengo AUTISMO, pero SOY mucho MÁS que eso."