Rematado o primeiro trimestre deste curso queremos saber como resultaron as sesións de educación física impartidas neste trimestre,para elo levamos a cabo dous tipos de avaliacións,unha AUTOAVALIACION por parte do alumnado da súa propia actuación, có fin de que se poña a proba para comprobar cales foron os seus progresos respecto a área de educación física e por outro lado a AVALIACION DA MESTRA E DO PROCESO de ensinanza-aprendizaxe.
Para isto o alumnado cubriu dous test.
A súa propia avaliación ten como obxectivo comprobar si eles aprenderon o que nós pretendiamos nos obxectivos da programación de educación física e que se den conta dos aprendizaxes logrados e por outro lado a avaliación do mestre e do proceso, ten como obxectivo ver as cousas que fallaron e as que funcionaron e poder remedialas de cara ao seguinte trimestre.
Da avaliación da mestra o alumnado opina que :algunhas clases deberían ser máis divertidas,se debería deixar tempo na clase de educación física para apuntar na libreta as actividades que facemos nas sesións,ter máis tempo para o aseo,ter tempo libre na clase de educación física para xogar ao fútbol...entre outras...
E en canto a autoavaliación dixeron que deberían levar a libreta ao día, non recoñecen ben os músculos e articulacións,e ás veces non se asean si non hai ninguén controlándoos...
Unha vez obtidos os resultados hai que poñerse en marcha de novo,de cara a mellorar neste segundo trimestre que xa comenzou;así que A POÑERNOS AS PILAS!!
Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
domingo, 23 de xaneiro de 2011
xoves, 13 de xaneiro de 2011
COMPETICION INTERNA EN TERCEIRO CICLO NO PICHEL
Próximamente comezaremos unha liguilla interna entre o alumnado do terceiro ciclo.
Con isto pretendemos aprender algúns xogos nos que logo participaremos nas xornadas deportivas intercentros.
As actividades a desenvlver serán bálón torre,brilé e fútbol.
Os nosos alumnos e alumnas xa está incluidos nalgún equipo;hai un total de seis equipos,tres de quinto curso e tres de sexto curso.
Cando existan máis novas sobre esto comunicarémolas por aqui,ademais de no propio centro.
ANIMO E A FACER UN XOGO LIMPO!!

COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE
Chegou a volta ao cole...e con isto voltamos á rutinas da escola de novo;entrada nas aulas,mates,linguas....en educación física comezamos un novo plantexamento de unidades didácticas.
A primeira unidade didáctica neste trimestre está adicada ao control do balón; de formas variadas (cambiando tamaños, agrupacións de alumnos, formas de agarre,pase...)
A unidade leva por título aprendemos balonmán,pero vai adaptada a distintos contextos,materiais,situacións...
Como vedes xa comezamos disfrutando das nosas sesións
.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)