ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 29 de xaneiro de 2012

CARREIRA SOLIDARIA "SAVE THE CHILDREN"

O próximo luns 30 de xaneiro celebrarase por primeira vez no noso centro CPI XOSE PICHEL a Primeira Carreira Solidaria "SAVE THE CHILDREN" (salvar a los niños).
O obxectivo é, aproveitando que o luns é o "Día Mundial da Paz e non violencia ", facer una acto de solidaridade para axudar aos nenos do Congo con un pouco de axuda económica e intentar mellorar un pouco as súas necesidades básicas diarias (alimentos, auga,medicamentos...).
O alumnado e mestres d demais persoal do cole participamos na proposta, deseño e posta en funcionamento da carreira (ademais contamos coa colaboración de Protección Civil de Coristanco) e os pequenos porán o seu esforzo físico correndo por estos nenos do Congo.
Cada corredor terá "padriños" ou "patrocinadores" que porán unha cantidade simbólica por cada volta que o pequeno dé ao circuito.
Xa levamos uns días cos preparativos para o gran evento e os pequenos están ilusionados coa idea.
Así que AOS SEUS POSTOS,LISTOS.....XAAAA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario