ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 28 de xaneiro de 2018

CLASIFICACIÓN CARREIRA NOIA

  

  O pasado 26 de xaneiro asistimos con 6 alumnos e alumnas á carreira celebrada nas pistas de atletismo do campo de fútbol de Noia. O día amenazaba choiva pero tivemos sorte e non nos mollamos en ningunha das competicións das distintas categorías. Os nosos atletas esforzáronse ao máximo pero o nivel era altísimo e ningún e ningunha resultou clasificado. Non hai problema!! Tedes que estar ben orgullosos porque o fixestes o mellor que puidestes e pasamos un bo día. Comemos mentres viamos a entrega de trofeos, dando a noraboa aos gañadores e gañadoras e marchamos coa firme intención de volver o curso que ven con máis gañas, se cabe! Por se alguén todavía tivese algunha dúbida, déixovos o enlace ao vídeo resumo da carreira publicado por La Voz de Galicia. Quizáis atopedes caras coñecidas! 😏


  Pero... Isto non remata aquí! Por sorte as carreiras populares están a medrar e cáseque cada fin de semana tedes a oportunidade de apuntarvos a algunha e pasar unha xornada de deporte en familia. É unha ocasión ideal para mantervos activos e activas, liberar enerxía, pasalo ben e, ao mesmo tempo, facer amigos e amigas novos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario