ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

luns, 8 de xaneiro de 2018

CLASIFICADOS/AS CAMPO A TRAVÉS CEE

E por fin a tan ansiada clasificación da carreira celebrada en Cee xusto antes do nadal.

  
 Darvos a noraboa a todos e todas as participantes. Este ano foi un un éxito de participación e tivemos a ocasión de compartir unha xornada de deporte con moitos colexios de diferentes zonas así coma clubes de atletismo. Incluso compartimos autobús con nenos e nenas dun cole moi próximo ao noso: en Carballo. O tempo acompañou e disfrutamos dunha xornada soleada que nos permitiu comer ao aire libre e seguir a botar carreiras no parque no que paramos a comer. Foi realmente un día moi aproveitado e, sobre todo, divertido.


  Sen máis, que sei que o estades agardando, velaí a clasificación. Adiantarvos que este ano non tivemos sorte e non hai equipos que pasen á seguinte fase, pero si atletas individuais, que son:
  • Álvaro, 3º.
  • Saray, 4ºA.
  • Anxo, 5ºB.
  • Iván, 5ºB.
  • Carme, 6º.
  • Alexia, 6º.
  A darlle ás zapatillas!!


    Podedes consultar toda a información da vindeira cita:o 26 de xaneiro en Noia.

  Así como o plano do circuíto:



Ningún comentario:

Publicar un comentario