ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

xoves, 18 de febreiro de 2016

Campo a través en Porto do Son

O pasado mes de xaneiro celebrouse en Porto do Son a carreira de Campo a través comarcal.
Un grupo de alumnos do noso centro clasificouse para participar nesa fase do Campionato.
Alá fomos e non só iso, é que un grupo de alevines femininas quedaron no podium en terceiro posto.
Foi unha brillante participación feita de todos os participantes da mesma e deixaron o listón moi alto, debido a que a loita foi contra colexios e clubes de atletismo da zona de Santiago, Barbanza, Costa da Morte....

Estupenda a participación e o disfrute da carreira; aqui vemos as imaxes dese GRAN DIA!!












































venres, 12 de febreiro de 2016

martes, 9 de febreiro de 2016

ACROSPORT NO PICHEL

O alumnado de primaria do Cpi Alcalde Xosé Pichel estivo a practicar ACROSPORT que son habilidades ximnásticas nas que se realizan figuras en equipos con compañeiros usando o equilibrio, a forza a axilidade...entre outras capacidades físicas.
Nestas figuras na parte central e de soporte da mesma colócanse os máis fortes,chámanse "portores" e na parte alta da figura van os "áxiles".Fundamental para facelas a figura do Axudante.
Para lograr facer as figuras é moi importante a coordinación dos membros que a fan,a comunicación para non facer dano aos compañeiros, as axudas dos membros da figura para evitar caídas e danos...


martes, 15 de decembro de 2015

CARREIRA DE CEE 2015 ( primeira parte)

O pasado venres 4 de decembro acudimos ás pistas de atletismo de Cee;alí discurriu unha proba de campo a través na que participaron centros de toda a comarca de Costa da Morte.
Alí estiveron unha gran representación do alumnado do Cpi Alcalde Xosé Pichel de Coristanco.
Os alumnos e alumnas das diferentes categorías abarcaron dende os máis pequenos,terceiro de educación primaria, categoría benxamín, pasando polos medianos de cuarto e quinto curso categoría alevín e acompañados polos maiores de sexto curso categoría infantil; todos xuntos participaron na carreira cada un na súa categoría correspondente.
Fixeron un gran esforzo para rematar a carreira e xa levaban uns días entrenando para dito evento nas clases de educación física.
Botemos un ollo a un dos vídeos da carreira:


luns, 23 de novembro de 2015

Xornada de CAMPO A TRAVÉS en CEE

O venres 4 de decembro se realizará a Proba de Campo a través de Cee.
Os cursos que participarán na proba do noso centro son 3º,4º,5,e 6º de educación primaria.
O alumnado que participa na carreira disfrutará dunha xornada de actividade lúdica toda a xornada escolar;xa que despois da proba terán tempo para comer e tempo para ocio nos arredores de Cee.

Os participantes levarán roupa para cambiarse, dado que non sabemos as condicións meteorolóxicas que haberá ese día.
É un día para disfrutar a tope da saída:

Aquí recordamos a Nerea, que correu o curso pasado co Pichel, e dende o cole mandámoslle un bico moi forte e moita sorte no seu cole novo.

MAGOSTO NO PICHEL

O venres 13 de novembro celebramos o Magosto no Cpi Alcalde Xosé Pichel.
Aquí vos deixamos un vídeo para que teñades probas do ben que o pasamos:


domingo, 25 de outubro de 2015

Comezamos con Iudo para os peques de primaria

Como case todos os cursos escolares aproveitamos que o profe de extraescolares de iudo se brinda a facer unha xornada de probas deste deporte de loita.
Os pequenos proban unha sesión de xogos e actividades relacionadas co iudo e para mostra este vídeo,onde se ve o ben que o pasan nesta actividade na que se traballa a psicomotricidade, xiros,agarres, forza,estratexia....