Fixemos unha actividade de cooperación-oposición entre os compañeiros de dous equipos da clase
Consistiu en que cada equipo escondía unhas pezas dun puzlle de cartón polo polideportivo e que cada equipo tiña que atopar as pezas, xuntalas e facer o puzzle no menor tempo posible.
E así disfrutaron co reto:
Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
domingo, 5 de outubro de 2014
DIVERTIDA CLASE DE IUDO
Estivo no colexio o profesor de Iudo que estivo connosco o curso anterior, Jose, e que da clases co profe David, e fixo unha xornada de xogos relacionados coa loita moi divertidos:
TIRO CON ARCO
venres, 27 de xuño de 2014
Felices vacacións!!
Queridísimos :
A vosa mestra de Educación física deséxavos unhas boas vacacións!!
Descansade, recargade as pilas e ...non deixedes de movervos!!
Ata setembro!!
A vosa mestra de Educación física deséxavos unhas boas vacacións!!
Descansade, recargade as pilas e ...non deixedes de movervos!!
Ata setembro!!
Carreira de Carballo
O domingo 15 de xuño houbo a Carreira pedreste de Carballo e o alumnado do Cpi Alcalde Xosé Pichel acudiu á mesma.
Dende primeira hora da mañán iniciose a carreira dos máis pequenos, categorías alevín e posteriormente correron os infantís.
Do noso cole participaron alumnos de 4º,5º,6º de educación primaria e de 1º da E.S.O..
Todos fixeron moi boa carreira e esforzáronse moito por acabala.
Noraboa a todos os participantes!! O ano que ven espero que sean moitos maís os que participen!
Educación vial con Mapfre
Fai uns días tivemos a sorte de ter no noso centro a dous monitores de educación vial de Mapfre.
A través da páxina web de esta aseguradora descubrimos que teñen actividades organizadas para infantil e primaria de seguridade vial.
Así que non o pensamos dúas veces e contactamos con eles...e tivemos sorte!! Así que concedéronnos a actividade de seguridade vial en bicicletas no centro.
Trouxeron bicicletas, cascos, sinais de tráfico, e material diverso para a actividade.
Así que primeiro deron unha charla introdutoria sobre a importancia de respectar as sinais de tráfico, a diferenza entre o CEDA O PASO e o STOP.E logo outros sinais posibles que se poden atopar nas estradas.
Tamén explicaron a importancia do uso do casco cando se circula en bicicleta por calquera estrada e de elementos reflectantes para que os coches podan vernos con anterioridade e deixarnos un espazo mínimo de separación.
Así pois puxémonos mans á obra:
c
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































