Boas!! Agora que estamos metidos e metidas de cheo nas carreiras, déixovos información sobre a I Carreira da Leite que se celebrará o día de fin de ano en Mazaricos, coa fin de promocionar o deporte saudable e o consumo de productos lácteos. Déixovos o link con toda a información por se estades interesados en participar.
Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
martes, 20 de decembro de 2016
domingo, 11 de decembro de 2016
E POR QUE...??? MENTES INQUEDAS
MENTES INQUEDAS
O exercicio implica movemento, pero non só en canto ao corpo, senón tamén ten moito que ver coa capacidade de pensar. O movemento xera ideas, imaxes e favorece unha mente activa que nos permite afrontar as situacións da vida cotiá dun xeito máis eficaz.
Todo isto ben o saben os alumnos e alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel. Porque? preguntarédesvos. E que a min me encantan as mentes inquedas, incapaces de conformarse co que xa saben e que constantemente teñen dúbidas e gañas de aprender, e neste cole, estou a descubrir moitas delas nas sesións de Educación Física. A vosa opinión é fundamental porque sen rapaces e rapazas que queiran aprender, non teriamos sentido os mestres. Nós, e eu particularmente, estou moi orgullosa de dicir que cada día aprendo un pouco máis con e de vós e por iso abro un fío para que poidades expresar todo iso que vos move por dentro...
Imos ao quid da cuestión: A noticia das diferencias entre distancias para nenos e nenas segundo categorías na carreira de Cee causou unha grande conmoción. Profe!!! acaso tratan de dicir que as nenas non somos quen de correr tanto coma os nenos? Porque? Non o entendemos... Hai nenas que corren máis que os nenos...Apreciación que para algúns adultos/as pasaría desapercibida pero non para os alumnos/as do Pichel. Hurra por vós!!!
ATENCIÓN, ATENCIÓN! o debate está en acción! Propóñovos que deades a vosa opinión en canto ao seguinte: Cal é o motivo polo que o reglamento establece que os nenos, na maior parte de categorías, corran máis distancia que as nenas? Pasa o mesmo nas carreiras de adultos?
Para que a vosa resposta sexa publicada, non esquezades poñer o nome e o curso no que estades. E tede en conta que non abonda con dicir "Si" ou "Non", senón que tedes que desplegar o voso inxenio e buscar unha razón que xustifique a vosa resposta con artigos en internet, xornais, etc. É dicir, para que o debate sexa interesante, argumentade ben as vosas respostas. Penso que tedes a capacidade para facelo francamente ben.
Debezo por lervos!!! Animádevos a debater!
PREPARADOS/AS, LISTOS...XA!!
CARREIRA CAMPO A TRAVÉS CEE 16 DECEMBRO DE 2016
PREPARADOS..., LISTOS/AS... XA!!! é o son que adoitamos escoitar neses intres antes da saída dunha carreira cando o pulso se acelera e estamos desexosos e desexosas de poder comezar canto antes a poñer en movemento pernas, corpo e corazón.
A data por fin está a piques de chegar para acudir a unha actividade tan divertida como é o campo a través. Si, nenos e nenas de 3º a 6º, este venres 16 Cee nos agarda!!! En canto nos confirmen o horario de autobús, entregarémosvos unha autorización con toda a información. É fundamental que a traiades firmada e cuberta tanto se asistides coma se non.
Esta saída é unha oportunidade fenomenal de coñecer a outros nenos e nenas, aplicar o traballado nas sesións de EF, poñer a proba as nosas capacidades e, o máis importante de todo, para divertirse facendo exercicio. Ide a gozar da actividade; gañar pode parecer o mellor pero permitídeme que non estea totalmente dacordo: o mellor, na miña humilde opinión, é esforzarse e estar feliz independentemente de se a carreira nos leva máis ou menos tempo. Poucas cousas hai que presten tanto coma o feito de aplicarse nalgunha cousa e sentirse cheo de fachenda dun mesmo/a.
E para rematar uns breves consellos que xa ben coñeces:
Almorza ben, porque iso fará que o teu corpo estea preparado para traballar e teña enerxía de sobra e lembra non comer polo menos unha hora antes da saída da carreira. Os cordóns teñen a teima de desatarse, así que bótalles un ollo para asegurarte de que a lazada está ben feita. Procura non saír a fume de carozo, empeza cun ritmo máis tranquilo e xa verás como pouco a pouco irás collendo confianza e acelerando a marcha. E se queres ir máis rápido e alguén che corta o paso, é máis doado pedirlle que che faga un oco, que cruzarte no camiño e provocar unha caída. E nunca o esquezas... se corres cun sorriso na cara verás o alto poder de contaxio que ten ;)
sábado, 19 de novembro de 2016
Sabías que...? AS MULLERES NOS XOGOS OLÍMPICOS
Aínda que a día de hoxe vexamos como algo habitual a participación de homes e mulleres nos Xogos Olímpicos, non sempre foi así. O acceso das mulleres ao mundo deportivo foi tardío e estivo cheo de dificultades. O francés Pierre de Coubertain, creador dos Xogos Olímpicos da modernidade, reinstaurados no ano 1986, rexeitou totalmente a participación de mulleres neles e non foi ata o ano 1900 en París, no que por fin se puideron incorporar á competición, pero só nas modalidades de golf e tenis. As pioneiras foron as francesas Filleaul Brohy e Marie Ohnier. Tamén Charlotte Cooper foi a primeira muller en gañar unha competición olímpica na disciplina de tenis.
Foi en Ámsterdam no ano 1928 onde finalmente tiveron lugar os verdadeiros comezos olímpicos das mulleres con cerca de 300 participantes que tiveron a oportunidade de competir tamén na modalidade de maior sona: o atletismo.
En México 68 cúmprese outro logro cando a mexicana Enriqueta Basilio se convirteu na primeira muller que portou a antorcha olímpica e encendeu o pebetero daqueles xogos.
Os avances foron numerosos e despois de tanto tempo considerando ao deporte como un campo exclusivo para homes, esta concepción errónea cambiou e as mulleres deportistas continúan a participar, con maior éxito e mellor preparación cada día e en cada evento olímpico. Todavía queda un longo camiño por recorrer pero de seguro irá progresando e cada vez a participación feminina, non só nos xogos olímpicos senón no deporte e en calqueira actividade física será máis numerosa.
Nenos, nenas, rapaces e rapazas, non esquezades nunca algo importante: Non hai deportes "de homes" nin de "mulleres", o único que fai falla para practicar calqueira deporte é interese e diversión. Boa actividade física a todos/as!!
martes, 15 de novembro de 2016
CUESTIONARIO CAPACIDADES FÍSICAS
Boas chicos/as! Aquí vos deixo o enlace para cubrir o cuestionario da unidade de capacidades físicas. Non esquezades cubrir nome, apelidos e curso. Ánimo e bo traballo!! Tedes toda a información necesaria no blogue.
xoves, 10 de novembro de 2016
CORRER NON É DE COBARDES
O ATLETISMO
Un día calquera, Marta e Fran estaban na rúa. Aburridos, decidiron correr para ver cal dos dous chegaba antes a unha árbore próxima. Sen sabelo, estaban a practicar o deporte máis antigo da historia: o atletismo. Nesta unidade didáctica coñeceremos un pouco máis desta interesante actividade.
http://www.slideshare.net/gustavosailema/atletismo-13088467
E como resulta moito máis doado aprender se a materia é divertida propóñovos que investiguedes e espertedes a vosa curiosidade polas modalidades deste deporte pero, entrementres, podedes ollar os vídeos dun simpático oso chamado Berni, que vos axudarán nesta tarefa...
luns, 7 de novembro de 2016
CONDICIÓN FÍSICA
Agora que estamos a piques de rematar esta unidade, é bo aclarar os conceptos máis importantes que traballamos ao longo da mesma; é dicir, a condición física. Que entendemos por ela? Trátase dun conxunto de capacidades físicas que
ben traballadas nos proporcionan un estado de saúde e benestar óptimos para a
vida e un bo rendemento para as actividades físicas e deportivas. Son un total
de 4: forza, resistencia, flexibilidade e velocidade, que resumiremos a continuación:
CUALIDADE FÍSICA
|
Que é?
|
Como podemos mellorala?
|
Sabías que…?
|
FORZA
|
É a capacidade para vencer
resistencias.
|
Con xogos de loita, traccións,
empurres, arrastres de obxectos, trepas, etc.
|
·
Se fortalecemos os músculos do noso
corpo, evitaremos moitas lesións.
·
O animal máis forte en relación co
seu peso é o escaravello xigante.
|
RESISTENCIA
|
A capacidade de aguantar moito
tempo facendo exercicio físico. Existen dous tipos: aeróbica e anaeróbica.
|
Con xogos de carreira, de
persecución, circuítos, etc.
|
·
Correr moderadamente é beneficioso
para corazón e pulmóns.
·
En Kenia, moitos nenos/as
percorren máis de 10 kms para ir á escola. Con este adestramento non é de
estrañar que de adultos sexan imbatibles en probas de longa distancia.
·
Algunhas das probas de resistencia
máis duras son o maratón (42 kms de carreira), o triatlón (que combina
natación, ciclismo e carreira) xunto co Tour de Francia, dura proba en
bicicleta.
|
|
|
É a capacidade que permite facer
movementos de grande amplitude articular sen magoarnos, grazas á mobilidade
das articulacións e á elasticidade muscular.
|
Con exercicios de estiramentos con
ou sen compañeiro/a aguantando durante 15-20 segundos unha posición notando
certa tensión pero non dor.
|
·
A flexibilidade diminúe coa idade
e é importantísima para estar san, así que se non queres perdela.. comeza a
traballala cada día.
·
Hai persoas que son quen de
estirar o seu corpo ata límites abraiantes. Son os contorsionistas
|
|
|
É a capacidade física que nos
permite movernos rapidamente no menor tempo posible.
|
Mediante xogos de persecución,
relevos, xogos de reacción, etc. Hai que ter en conta que para desenvolvela
os xogos deben durar pouco tempo ademais de seren intensos e a sensación
despois de cada un deles será de moito cansanzo.
|
·
O animal máis rápido do mundo é o
falcón peregrino, que voa en picado a 250 km/h.
·
O home máis rápido do mundo
recorre 100 metros en menos de 10 segundos e a muller máis veloz en menos de
11 segundos (Usain Bolt e Florence Griffith).
·
Para ser veloz hai que traballar a
flexibilidade e a forza.
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










