ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

luns, 28 de maio de 2012

XOGAMOS COS AMIGOS DE VIMIANZO

O pasado venres 25 de maio acudiron ao noso centro, CPI Alcalde Xosé Pichel os compañeiros de 5º curso do CEIP San Vicenzo de Vimianzo. Foi a primeira xornada lúdico-deportiva que celebramos no noso centro e ocurriu da seguinte forma: O alumnado de 5º curso do noso centro esperaba ansiosa a chegada dos compis vimianceses,e foron recibidos cos brazos abertos. Para esta xornada fixemos unha pequena adaptación para mellorar o clima de convivencia entre os centros,que foi mezclar ao alumnado dos dous centros e facer equipos xuntando nenos e nenas de Vimianzo e de Coristanco por equipos, o cal favoreceu moito o clima de cordialidade entre os pequenos. Foi unha xornada na que xogaron ao brilé, ao baloncesto ou balón torre, fútbol...contamos coa colaboración de alumnado de 6º curso que fixeron de árbitros e explicaban as normas antes de comezar os partidos. Os alumnos dos centros de Vimianzo e Coristanco conversaron entre e eles e o mellor de todo foi escoitar ao finalizar a xornada :"jooooo, é que agora non queremos que marchen,porque xa son os nosos amigos...". Para os que facemos este esforzo de preparar as xornadas deportivas, esta foi unha moi boa recompensa,escoitar dos nosos alumnos que además de facer deporte, facemos AMIGOS !! Chicos aquí vos queda un vídeo de recordo da xornada dos AMIGOS:

OS NENOS DO PICHEL NA CARREIRA POPULAR COSTA DA MORTE

O pasado sábado 26 de maio pola tarde celebrouse a VI Carreira popular Costa da Morte, que este ano tivo a súa saída dende o CPI Alcalde Xosé Pichel,isto fixo que algúns dos alumnos do noso centro se animaran a participar na mesma, dado a cercanía da súas casas. Así primeiro fíxose a carreira dos adultos ás 5 da tarde e ao remate da mesma celebrose a dos nenos maiores, a partir de 5º curso (11 anos)e incluidos os da E.S.O., que corrían 5 kilómentros, e posteriormente tivo lugar a saída dos máis pequenos, dende 1º (6 anos) ata 4º curso (10 anos) que corrían 1 kilómetro ao redor do centro. Todos fixeron un bó esforzo físico ao aguantar todo o percorrido, especialmente os que tiveron que correr 5 kms, dado que é unha grande distacia para nenos tan pequenos. Na carreira dos máis pequenos houbo un pequeno incidente na saída e caeu algún pequeno debido ás presas coas que saíron;pero ao final todos chegaron á meta en perfectas condicións. Os alumnos Kevin Rodríguez Couto e Alex Docampo Bello levaron trofeo nas súas categorías e o centro CPI ALCALDE XOSE PICHEL levou un trofeo e premio en metálico por ser o centro que máis alumnado tivo participando na carreira. Dende aquí e como mestra implicada directamente nesta área, dou as GRAZAS! a todos os pequenos (educación primaria) e maiores(educación secundaria) que participáchedes na carreira e que fixéchedes posible que nos deran ese premio. Grazas a todos por participar e as vosas familias por estar alí animando nestos eventos.