ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 6 de abril de 2014

PDI de ósos e músculos

Hai aplicacións para a PDI que son útiles e motivadoras para o aprendizaxe de contidos relacionados coa educación física e como tales serán usados nas miñas sesións e compartidas para o curso de tics e educación física "EFTIC-PLATEGA-2014"


ÓSOS E MÚSCULOS


Un xogo axeitado para PDI para traballar os principais ósos e músculos do corpo.
Desvantaxes:
- Os debuxos son demasiado infantilizados. Moi lonxano da realidade.
- Non ofrece aprendizaxe titorado previo. É só avaliativo.
- Faltan moitos elementos tanto do esqueleto coma dos músculos que son tan ou máis importantes coma os que avalía.
Vantaxes:
- Ofrece un feedback inmediato do acerto ou fallo e fai a corrección.
- Pode ser útil nalgún momento puntual coma xogo de entretenemento ou para avaliar o grao de coñecemento dos elementos que aparecen no recurso.


Destinatarios: Ata 2º de Educación Primaria.


aprende ósos e músculos



MÚSCULOS DO CORPO

Este é un recurso en liña que trata dos músculos do corpo. No inicio dásenos a oportunidade de aprender os principais músculos, pero posúe tamén unha parte de avaliación na que se nos presenta unha serie de actividades relacionadas con esta temática. En grande medida resultaría un recurso axeitado para empregar con PDI.





músculos do corpo

Infografías sobre actividade física e deporte

Aproveitando o curso de Tics e educación física que estou facendo ("EFTIC-PLATEGA-2014"), atopei unhas infografías interesantes sobre deportes e actividade física


A wikipedia define infografía coma unha representación máis visual ca dos textos, na que interveñen descripcións, narracións ou interpretacións, presentadas de xeito gráfico. O termo tamén estase a popularizar para referirse a todas aquelas imaxes xeradas por ordenador. Máis específicamente adoita facer referencia á creación de imaxes que tratan de imitar o mundo tridimensional.
Tras realizar unha búsqueda de infografías útiles para a nosa área, aquí vos presento o resultado. Algunhas estarían máis enfocadas á ESO que a Primaria, pero considerei oportuno engadilas para poder recurrir a elas en caso oportuno.



Infografía sobre atletismo

Infografía sobre bádminton

Infografía sobre baloncesto

Infografía sobre balonmano

Infografía sobre voleibol

Infografía sobre tenis

Infografía sobre senderismo

Infografía sobre judo



Podemos atopar outras infografías tamén vinculadas ao mundo da educación física;estas poderían ser adecuadas para a unidade didáctica sobre actividade física e saude;o coidado do corpo.



Infografía sobre a respiración

Infografía sobre o RCP

Infografía sobre a deshidratación

Infografía sobre o uso dun bó calzado

Infografía sobre a hergonomía infantil

Infografía sobre a dor de espalda

sábado, 5 de abril de 2014

Os peques de primeiro a tope de enerxía!

Comezamos o terceiro trimestre e xa apreciamos como os máis pequenos de primaria, os de primeiro espertan as súas habilidades motrices e cada vez medran e van a máis. Así o apreciamos neste pequeno circuito de xogos de habilidades motrices,no cal teñen que saltar á corda, bailar un aro na cintura, botar un balón entre os conos, lanzar uns aros pequenos a un punto determinado,entre outras habilidades motrices. Ollade as imaxes do que son capaces de facer: