ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Sabías que...? As escordaduras


Sabías que...? As escordaduras

   O nocello é unha das estruturas de maior movilidade e soporte de peso do corpo humano e é precisamente por mor disto que é unha zona de lesión habitual. A meirande parte de nós escordou un pé ou algunha articulación algunha vez pero...que é unha escordadura? Trátase dunha lesión a consecuencia dunha torcedura ou contusión dos ligamentos que dan soporte á articulación, neste caso o nocello, e a manteñen estable A pesar de que tamén é unha das máis sinxelas de recuperar, esta lesión precisa dunha serie de exercicios e recomendacións que eviten que volvamos sufrir unha recaída posto que, se non se cura ben, provocará alteracións na forma e frecuencia dos nosos movementos e da pisada. A continuación describimos os pasos a seguir para unha axeitada recuperación:

Consellos básicos durante os dous primeiros días

  • Manter en repouso a zona lesionada coa perna elevada.
  • Aplicar 20 minutos de xeo cada 3-4 horas no nocello, pero evitando o contacto directo do mesmo coa pel para non sufrir queimaduras
  • Colocación dunha vendaxe compresiva e/ou tobillera elástica.
  • Intentar non camiñar ou facelo só o imprescindible.
As escordaduras de nocello son lesións frecuentes na práctica deportiva, pero todo o mundo pode sufrilos!


Exercicios para a recuperación da escordadura de nocello

A partir do terceiro día, comezaremos a realizar unha serie de exercicios para favorecer a recuperación e previr a capacidade de resposta do nocello fronte a torsións, desequilibrios, saltos, caídas…
  • Exercicios de movilidade de nocello de flexión e extensión.










  • Exercicios con gomas elásticas (a partir do 5º día)
  Unha serie de exercicios para fortalecer os músculos da parte posterior inferior da perna.








  1. Sentado no chan coas pernas en extensión, suxeita a goma nun soporte, introduce o pé e estira da goma como querendo levala cara ti.
  2. Sentado nunha cadeira, coas pernas lixeiramente separadas. Engancha a goma elástica a un soporte e leva unha perna cara o teu lado exterior, como querendo separala da outra.
  3. Por último, fai elevación e descenso nas puntas dos pés sobre un escalón.
     
  • Exercicios coa tobillera elástica posta (a partir do 5º día)

     
     
 1) Camiñar en liña recta, de lado e cruzando os pés.
 2) Apoio sobre a perna afectada durante 30''. Alterna coa perna san. Podes aumentar a dificultade pechando os ollos,...

Consellos para previr a escordadura de nocello

- Evita facer deporte de risco ante situacións de cansancio muscular.
- Presta atención cando realices exercicios en situacións inestables.
- Utiliza o calzado axeitado para cada situación e deporte.
- Realiza sempre un quecemento antes da práctica.
- Aprende ben a técnica do exercicio. Esto reducirá o esforzo sobre os teus músculos, ligamentos e tendóns.
- Practica deporte frecuentemente para estar ben preparado/a físicamente.

Vídeos con exercicios para fortalecer nocellos e tratar escordaduras










mércores, 11 de xaneiro de 2017

O CIRCO DO SOL


O CIRCO DO SOL 

  
  De seguro todos/as tedes escoitado falar do coñecido Circo do Sol. Son un grupo que adica a súa vida á sua paixón: a ximnasia e as habilidades acrobáticas. Non vos preocupedes!! Non é o obxectivo desta unidade superar os seus logros senón practicar esa parte da Educación Física que sí é ximnasia... A palabra ximnasia de seguro traerá moitos recordos a nais pais, avós e avoas da súa etapa escolar. Tanto é así que aínda ás veces á nosa Educación Física se lle chama "ximnasia", pero nós sabemos que as habilidades ximnásticas non son outra cousa que unha pequena parte do que a día de hoxe é a Educación Física na escola.

  A ximnasia é un deporte que se caracteriza pola realización de secuencias de movementos, e na que hai que por en práctica entre outras cousas a flexibilidade, a axilidade e a forza. As civilizacións chinesa e grega foron as primeiras en comezar a practicala pero a ximnasia moderna está regulada a través da Federación Internacional de Ximnasia e composta por 6 disciplinas: xeral, artística, aeróbica, rítmica e trampolín. A rítmica e a artística son as máis coñecidas pola súa participación nos xogos olímpicos, mentres que a última modalidade en incorporarse a estas competicións é o trampolín, no 2000 en Sydney.

  E ata aquí un pouco de historia deste deporte. Pero agora centrémonos no noso cole. As habilidades que practicaremos nesta unidade son, entre outras, as seguintes: volteo cara adiante e atrás, voltereta lanzada, roda lateral, salto de potro e equilibrio invertido.


Volteo cara adiante


Volteo cara adiante pernas extendidas


Roda lateral

Volteo cara atrás



Equilibrio invertido (pino)

sábado, 7 de xaneiro de 2017

RESULTADOS CARREIRA DE CEE

  CLASIFICADOS DA COSTA DA MORTE PARA A FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS (27/01/17)

Rapaces e rapazas... as vacacións de Nadal chegan ao seu fin e estamos a piques de comezar o segundo trimestre. Recuperastes enerxías? Seguro que si... Polo de pronto imos colgar os resultados da carreira de Cee. Noraboa a todos/as os participantes! E aos clasificados/as comunicarvos que a seguinte oportunidade, será na fase intercomarcal en Outes o 27 de xaneiro.

  Os alumnos/as dos seguintes equipos, ide preparando as zapatillas!
          • Benxamín feminino:
            1. Sarai Puga (3ºA).
            2. Aischa Fernández (3ºB).
            3. Aroa Blanco (3ºB).
            4. Alba Álvarez (3ºB).
            5. Adriana Álvarez (3ºA).
            6. Sofía Cambre (3ºA).
            • Reserva: Antía Álvarez (3ºA). 
          • Alevín feminino:
            1. Carme Tomé (5º).
            2. Alexia Lorenzo (5º).
            3. María Tomé (4ºB).
            4. Claudia Pallas (5º).
            5. Virginia Porteiro (5º).
            6. Laura Lorenzo (5º).
            • Reserva: Laura Borrazás (5º).
          • Alevín masculino:
            1. Javier Bardanca (5º).
            2. Anxo Bello (4ºB).
            3. Iván Golán (4ºB).
            4. Álvaro Rivera (4ºB).
            5. Rodrigo Villar (5º).
            6. Sergio Villar (5º).
            • Reserva: Miguel Ángel Vázquez Rojo (4ºA).
   Os nenos/as que aparecedes como "reserva", viaxaredes e participaredes en Outes se algún dos compoñentes do equipo ese día non pode asistir.

  Se pinchades no seguinte enlace poderedes ver a clasificación individual completa por categorías:
https://drive.google.com/file/d/0B-vqa7rRYpm6c3BrZW9CbVpCSEk/view?usp=sharing 

  E a continuación outro onde podedes ver a reportaxe gráfica que se fixo. De seguro atoparedes moitas caras coñecidas!!