ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

mércores, 28 de xuño de 2017

PINPON

Si¡¡,  nos recreos deste curso escolar, o pinpon voltou a ser unha das actividades favoritas de moitos.

Mercouse outra mesa, e, por suposto, houbo un torneo na primeira avaliación. Os cuartos, semis e a final con público durante a celebración do magosto ¿lembrades?.

O nivel dalgúns xogadores é xa algo "serio".

Esperámosvos en setembro. Ahh! gracias a esos alumnos colaboradores!!!


ROTEIRO REGUEIFEIRO EN FRANCÉS¡¡

O alumnado de francés coa súa profesora Begoña, traballaron nun documento que falara, presentara e "vendera" esta maravillosa terra de Coristanco entre outras as cousas importantes a "Regueifa" a que como xa sabes, adicamos un roteiro moi especial. este é o documento:

Verdes.
Charmant space natural baigné par le fleuve  Anllóns où les gens se réunissaient  autrefois pour travailler et faire des fêtes autours des moulins. C’est un régal pour les yeux de la nature galicienne.

Pont romain de Lubiáns.
Sur le fleuve Rosendo, ce ponl unit les villages de Coristanco et Carballo. Construit entre le Ier et le II ème siècle,  le pont traverse  la Via XX romaine qui presente encore des traits de l’architecture originale.

Castro de Oca.
Comme partout en Galice, il y a à Coristanco, des camps fortifiés de l’époque celte. O Castro de Oca en est un exemple. Bien préservé, il presente deux structures circulaires à l’extérieur.À l’intérieur, on peut voir encore de nos jours des pierres  appartenant aux anciennes maisons.
Une légende nous y  invite à chercher une marmite d’or qui nous fera  immensément riches.

Terre des  pommes de terre et de la regueifa.
La principale activité économique de cette región est la culture  et production des pommes de terre. C’est sans conteste le tubercule le plus important en Galice. La Fête des pommes de terre a lieu  au mois de septiembre.
As regueifas, sont un chant traditionnel et improvisé, similaires au rap actuel, où deux ou plus personnes se disputent de façon ironique ou humoristique
Lacune de Alcaián.
À Seavia, Braña Rubia, cette lacune fait partie de la nature de Coristanco. Autour de la lacune, il ya plusieurs légendes. La plus populaire raconte que  la Ville d’Alcaián a été submergée à cause d’une femme qui n’a pas voulu accueillir   Saint Pierre et Jésus.
Tour de Nogueira.
C’est une Tour de défense, à San Mamede de Seavia. Elle fait partie, d’un ancien pazo (palais galicien) du XVème siècle (monument d’intérêt culturel) Elle est réprésentative de l’architecture civil de la región.



Hórreos.

martes, 27 de xuño de 2017

PATACAS FRITAS, Análise das grasas saturadas

1º ESO, durante o 2º trimestre, fixo unha actividade que consistiu básicamente en ordenar 16 bolsas de patatas en función da cantidade de grasas saturadas que contiñan.

Cada alumno/a fixo unha toma de datos da etiqueta das patatas fritas, ordenámolas tomas de datos entre todos, poñendo de primeiras as que menos grasas tiñan e de últimas as que máis tiñan. Analizamos tamén datos como o tipo de aceite que tiñan e que outros ingredientes ademáis de pataca, sal e aceite.

Finalmente ordenamos as bolsas de patacas tal como estaba no documento que elaboramos, fixémoslles unhas fotos e, comemos as que consideramos máis saudables, sabendo que é un consumo ocasional, por suposto.








ROTEIRO REGUEIFA

Aquí tendes un pequeno compendio do antes, durante e despois do "roteiro da regueifa" por Coristanco. Esperamos que disfrutarais deses días.

luns, 26 de xuño de 2017

CAMPIONATO DE BRILÉ

  Este último trimestre celebrouse un novo campionato de brilé no que podían formarse equipos con alumnos/as de diferentes cursos. Animáronse 4 grupos, que quedaron do seguinte xeito:

EQUIPO 1
EQUIPO 2
EQUIPO 3
EQUIPO 4
CLAUDIA (5º)
ALEXANDRA (5º)
ÁLVARO (4ºº)
PABLO (4ºB)
JUAN (5º)
LAURA B. (5º)
ÁNGEL (4ºB)
UXÍA (3ºB)
VIRGINIA (5º)
DAVID (5º)
ANXO (4ºB)
CRISTIANA (4ºB)
IZAN (5º)
LAURA (6ºA)
IVÁN(4ºB)
NAYARA (3ºA)
SERGIO (5º)
MARÍA (6ºA)
MARÍA (4ºB)
NEREA (3ºA)
ALEXIA (5º)
VÍCTOR (6ºA)
NOA (4ºB)
MARTA (3ºB)
CARME (5º)
MANUEL (6ºA)
CYNTHIA (4ºA)
XULIO (4ºA)
MARCOS (5º)
NEREA (5º)
SARAY (3ºA)
ANXO (4ºA)

   Tras dunha reñida competición, o equipo gañador de xeito indiscutible foi o nº 3, coa seguinte táboa de clasificación:

1º POSTO
EQUIPO 3
2º POSTO
EQUIPO 1
3º POSTO
EQUIPO 2
4º POSTO
EQUIPO 4

  Estade atentos/as porque o vindeiro curso repetiremos a experiencia pero agardamos unha maior participación para facer o resultado do torneo máis motivante. Deica a próxima!!



venres, 26 de maio de 2017

XORNADA DEPORTIVA CANOSA-RUS


O pasado xoves 25 de maio celebramos por fin a esperada xornada deportiva de convivencia cos alumnosas de 6º E.P. do CEIP Canosa-Rus. Recibímolos a primeira hora da mañá e tras unha breve presentación, nos dispuxemos a comezar a actividade deportiva. Nesta ocasión participamos en 3 xogos: fútbol sen balón, balón torre e brilé. Os equipos estaban formados por xogadores/as de ambos centros e identificados con petos de cores. Ademais, para facilitar a comunicación e o coñecemento mutuo, cada neno e nena levaba enganchada unha tarxetiña onde se vía o seu nome.

  O tempo acompañou e os partidos transcorreron nun ambiente excepcional de compañeirismo, xogo limpo e respecto polos outros/as e as normas. Tan só houbo un pequeno lesionado que rapidamente se recuperou.

  Logo da xornada deportiva chegou o momento do recreo e con el a hora de recuperar forzas cunha boa merenda e a oportunidade de convivir durante un intre máis xogando libremente.



  Tras desta pausa, acercámonos á biblioteca onde os nosos alumnos/as de 6º dramatizaron os contos que con tanta ilusión levaban toda a semana practicando: a poesía "El ciempiés futbolista", de Gloria Fuertes, por parte de 6ºA; e "Este é Toribio" e "Toribio, o contador de contos", de Carlos Casares, por parte de 6ºB. Con isto e co agradecemento pola visita, demos por finalizada a xornada de convivencia, non sen antes desexar un bo final de curso e coa intención de repetir a experiencia para o vindeiro curso. Cousa que agardamos con expectación!

  Velaiquí o enlace ao vídeo no que podedes comprobar o ben que o pasamos!

<iframe width="800" height="450" src="http://www.kizoa.com/embed-116911420-7628926o2l1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 E non vos perdades a experiencia na biblioteca!

https://www.youtube.com/watch?v=usY9bJkNX8g

https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=ftgSoCKmaHE

https://www.youtube.com/watch?v=9G7vBLDr_iw


venres, 5 de maio de 2017

PON UNHA BICI NA TÚA VIDA

MONTANDO EN BICICLETA... AXUDAS AO PLANETA!!!!
    Agora que xa pasou a data e vivistes a experiencia, xa vos resulta un lema coñecido 😀 Pero imos comezar polo prinicpio da historia...

  O sedentarismo, ou a falta de actividade física, é unha das enfermidades máis frecuentes a día de hoxe. De feito, os estilos de vida sedentarios son unha importante causa de obesidade, discapacidade e mortalidade. Podedes comprobalo vós mesmos nas vosas casas ou cos amigos e amigas.. Moitos nenos e nenas pasades os vosos ratos de lecer co ordenador, a tablet, o teléfono móvil, os videoxogos ou mesmo a televisión en lugar de xogar fora, correr ou practicar algunha actividade física. A meirande parte acudides ao cole en transporte escolar ou ben en coche e só uns poucos e poucas o fan a pé ou mesmo en bici. 

    Por todo isto, un profe de E.F. de Murcia, tivo unha idea brillante: provocar un cambio nos estilos de vida dos alumnos/as facéndoos máis predispostos cara a actividade física. Pero.. Como?? promocionando e promovendo o uso da bicicleta no centro escolar. Alberto, que así se chama este superprofe, propuxo aos nenos/as deste centro que, sempre que lles fose posible, acudisen todos os días ao colexio en bicicleta. Pero non se conformou con isto! Decidiu incluír a todos os nenos/as posibles e ideou unha longa viaxe dende o seu centro: o CEIP San Roque de Ceutí, en Murcia, ata o noso: o CPI San Roque de Coristanco! Case 1.150 km!!! 
   Organizou unha campaña que ten como eslogan "Montando en bicicleta, axudas ao planeta". Este é o enlace da páxina onde podedes atopar toda a información:



   No noso cole tamén quixemos colaborar e na última etapa da súa viaxe, acompañástelo coma un xigantesco equipo ciclista, moitos coas vosas bicis e ben equipados de forma segura co casco. A profe María Dolores comprometeuse a fondo co proxecto e inclusive conseguiu un arco de meta para que a chegada fose aínda máis espectacular se cabe!! Non teño dúbida de que foi unha xornada xenial, chea de ilusión e de novas vivencias e unha grande mágoa ter que perdela. 

  Aínda que non será fácil volver a repetila pronto, si me gustaría dende aquí lanzar un reto... Agora que a climatoloxía é máis suave e o sol nos acompaña máis a miúdo... Porque non lle propoñedes aos vosos papás e mamás cambiar o traxecto ao cole en coche pola bici ou mesmo a camiñata?? Non sempre será posible, pero se aproveitades as ocasións que teñades de seguro pasaredes un bo ratiño en familia e o camiño para a escola será máis ameno. Probádeo e contádeme!!!