Chicos:
Non puidemos sacar moitas fotos,debido a que a carrera foi moi rápida e vós íades a moita velocidad e casi non nos daba tempo a sacarvos;pero algunha fixemos;así que así aquí tedes:pinchade no enlace de abaixo
Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
xoves, 8 de decembro de 2011
ESTUPENDA PARTICIPACION NA CARREIRA DE CEE
Onte mércores 7 de decembro celebrouse no campo de fútbol de Cee a carreira de campo a través escolar Costa da morte.Centos de escolares de centros coma o noso Xosé Pichel de Coristanco,coma San Vicenzo de Vimianzo,Eugenio López de Cee,Nosa Señora do Carme de Fisterra,Ponte do Porto,Virxen da Barca de Muxía, e uns cantos máis xuntámonos para facer xuntos unha xornada deportiva e divertida.
A participación do Xosé Pichel foi auténtica e a pesar dos nervios previos á proba foi xenial o esforzo de todos os pequenos corredores que se deixaron todo o seu ímpetu na proba.
Tivemos uns pequenos sustos como o de Samy,recuperada xa do seu mareo e Eva, que terá que estar uns días en reposo coidando ese nocello.Chicas recuperade totalmente prontiño,mandámosvos unha aperta moi gorda.
Así que nada máis que FELICITAR A TODOS OS PEQUENOS!! grazas polo voso ESFORZO!!.
E por suposto tamén aos mestres acompañantes!! que sin eles non poderiamos realizar a carreira.Graciñas!!
Ven unha pequena noticia sobre a carreira na Voz de Galicia de hoxe:
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/12/08/0003_201112C8C2998.htm

luns, 5 de decembro de 2011
LISTOS....XAAA!!
CHICOS....ESTADES PREPARADOS??
NON NOS QUEDA NADIÑAAAA...O MERCORES ESTA AI CERCA...
ESTOU SEGURA DE QUE TEDES MOITAS GANAS DE VIR A CORRER A CEE...E IDES FACELO FACELO ESTUPENDAMENTE BEN,ESTOU SEGURA!!
ASI QUE VIDE CON GANAS E ENERXIAS E SOBRE TODO E O MAIS IMPORTANTE :DISFRUTADE !!!

luns, 21 de novembro de 2011
Xa temos nova mascota de educación física!!
Despois dun duro proceso de selección a ganadora é:
É unha mascota moi deportista, está sobre un patinete,e ten unha raqueta na pata, ademáis de estar saltando á corda....vamos está preparada para todo!! así nos gusta!!
A ganadora da mascota é VANESA ROMAY DE 4º B.
Noraboa!!

domingo, 20 de novembro de 2011
PREPARADOS,LISTOS... XA!!
O próximo mércores 7 de decembro hai unha carreira de campo a través en Cee, no campo de fútbol do Xallas.
Do noso cole participan os cursos dende 3º ata 6 de educación primaria, para moitos alumnos é algo novo e moi motivante,porque é a primeira vez que participan e están moi emocionados.
A verdade é que xa levan uns días preparándose nas clases de educación física para ese GRAN DIA! e están dando o mellor de si mesmos.
Alí participarán outros moitos coles da Costa da Morte,Cee,Vimianzo,Ponte do Porto,Fisterra...será un día de aforo completo alí en Cee.
As categorías para a carreira son
BENXAMIN,ALEVIN E INFANTIL e as distancias que deben correr cada unha son:
BENXAMIN (alumnado masculino e feminino de 3º) 500metros.
ALEVIN FEMININO (alumnas de 4º e 5º ) 600metros.
ALEVIN MASCULINO (alumnos de 4º e 5º) 800metros.
INFANTIL FEMININO(alumnas 6º)800 metros.
INFANTIL MASCULINO (alumnos de 6º) 1200 metros
A idea principal é disfrutar a tope desa saída, de compartir xuntos o día, a carreira,a comida e todo en xeral;así que solo queda decir que moito ANIMO A TODOS OS PARTICIPANTES!!
domingo, 13 de novembro de 2011
Numeros candidatos para escoller a MASCOTA de educación física
Houbo moita participación no concurso de mascota para educación física no Cpi Alcalde Xose Pichel.Despois de que o xurado debatira sobre a variedade de debuxos chegaron a unha conclusión definitva que a descubriremos na próxima noticia.
Pero agora imos ver algún dos debuxos participantes
Nos próximos días veremos cal destas foi a mascota ganadora....!!

xoves, 9 de xuño de 2011
FLOORBALL
Para rematar o curso iniciamos unha unidade didáctica de floorball.
E que é iso? en que consiste?
Pois é unha adaptación do hóquei xeo ,surdido en EEUU, e para poder utilizalo nos centros educativos adaptáronse regras, espazos e materiais.E así deu lugar ao Floorball ou unihoquei,deporte colectivo no que se enfrontan dous equipos co obxectivo de introducir a bola de plástico na portería contraria cun stick de plástico ou vara.
A estas alturas o floorball xa é un deporte institucionalizado nos centros educativos ,introducido a través das programacións escolares.
Mirade como empezamos:

mércores, 8 de xuño de 2011
CARREIRA EN CARBALLO DIA 19
Chicos e chicas!! para quen lle interese apuntarse hai unha carreira en Caraballo o próximo día 19,así que animádevos!!,mirade!:
INSCRICIÓNS ATÉ O SÁBADO 12 DE XUÑO
Aberto o prazo para anotarse na I Carreira Popular Concello de Carballo que se celebra o 19 de xuño
O Concello de Carballo a través do Padroado Deportivo Municipal informa de que está prevista a celebración da I Carreira Pedestre Popular o domingo 19 de xuño. Os participantes recibirán como agasallo unha camiseta, a proba comeza ás 10.00 horas na Praza do Concello e a entrega de trofeos está prevista para as 13.30 horas. Efectuaranse 12 clasificacións independentes cos seus respectivos trofeos con arranxo ás seguintes categorías:
1º, 2º, 3º ALEVÍN masculino e 1º, 2º, 3º ALEVÍN feminino
1º, 2º, 3º INFANTIL masculino e 1º, 2º, 3º INFANTIL feminino
1º, 2º, 3º CADETE masculino e 1º, 2º, 3º CADETE feminino
1º, 2º, 3º XUVENIL masculino e 1º, 2º, 3º XUVENIL feminino
1º, 2º, 3º SENIOR masculino e 1º, 2º, 3º SENIOR feminino
1º, 2º, 3º VETERANS masculino e 1º, 2º, 3º VETERANS feminino
O percorrido constará de varios circuítos homologados pola FGA adaptándose a cada categoría e idade. A saída darase o Domingo 19 de Xuño ás 10.00 horas desde a Praza do Concello de Carballo, quedando a saída e a meta instalada no mesmo punto. Poderá participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade de acordo coas normas RFEA. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar nos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparado polos seguros da proba.
As inscricións poderanse realizar a partir do día 9 de Maio e até o 12 de Xuño por calquera dos seguintes procedementos:
Web: Click aquí.
Teléfono: 981 702 109 (de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e de martes a xoves de 17.00 a 19.00 horas)
Presencial: Nas Oficinas do Padroado Deportivo Municipal de Carballo, na rúa Vila de Corcubión, s/n.
Os datos necesarios son: NOME, APELIDOS, DNI, CLUB ou Independente, ANO NACEMENTO,TELEFONO
http://www.carballo.org/aodia/avisos/index.php?lg=gal#645

luns, 23 de maio de 2011
Continuamos cos XOGOS POPULARES
Como xa contamos anteriormente seguimos coas sesións de xogos populares no noso centro, e aquí tedes o exemplo:
luns, 16 de maio de 2011
XORNADA LÚDICA E DEPORTIVA EN MUXIA
O alumnado de sexto curso de CPI ALCALDE XOSE PICHEL DE CORISTANCO acudiu ansioso a participar nunha xornada cultural-lúdico-deportiva no CEIP OS MUIÑOS DE MUXIA.
Explicamos por partes,a xornada é das xuntanzas que se fan na costa da Morte, na que se xoga aos deportes preparados polos mestres dos centros que interveñen;pero nesta ocasión fixemos visita cultural deportiva e lúdica.
Aproveitamos da boa vontade do alumnado e mestra do 6º curso dos Muíños co que íbamos a xogar;eles traballan por proxectos,ao igual que noutros curso de primaria do mesmo centro;entón pedímoslles si nos podían explicar brevemente como era iso de traballar por "proxectos";entón a mestra Isabel Tomé e o seu alumnado contáronos con claridade e entusiasmo o seu traballo diario na aula (busca e interación continua prensa,internet,libros....)
Penso que a todos nos deixou algo impresionados o seu método de aprendizaxe,pola necesaria implicación da mestra en cuestión e a necesidade de interación do alumnado.O alumnado está convencido de que desta forma aprenden máis e están máis motivados polo estudo.
Por outro lado aproveitamos a visita deportiva para visitar de forma fugaz algunhas zonas dignas de coñecer de Muxía;como pode ser o santuario da Virxen da Barca,Pedra de Balar,O Corpiño...
Foi unha xornada moi completa a todos os niveis de aprendizaxe e por outro lado de coñecer espazos novos e sobre todos amigos novos,porque a xuntanza serviu para que o alumnado de ambos centros compartisen xogos,conversas,comida e os seus enderezos de correo para poder seguir en contacto.Creo que aprenderon a esencia das xornadas deportivas:compartir actividade física e facer amigos; aspecto co cal fainos sentir motivados aos mestres como para seguir adiante con estas xuntanzas.
Moitas grazas a Isabel Tomé polo entusiasmo posto na explicación sobre o traballo por proxectos, ao alumnado de sexto dos Muíños polos trípticos que nos fixeron con esas ilustracións tan bonitas, que nos sirven de guías para ver o máis bonito de Muxía;grazas ao mestre Paco pola súa colaboración e disposición sempre e para todo;a Begoña pola súa colaboración,ao equipo directivo polo recibimento e a todo o alumnado ao que sempre botarei de menos,polo seu cariño mostrado cara ao alumnado e mestres de Coristanco.
E por suposto agradecer as miñas compis de sexto, que son incondicinais das miñas saídas deportivas,caina ou non chuzos de punta....Laura e María Dolores.
ESPERO QUE VOS GUSTE O VIDEO! UN BICO!!:

XOGOS POPULARES E LETRAS GALEGAS
Como xa sabedes o martes 17de abril é o día das letras galegas e este ano vai dirixida ao escritor LOIS PEREIRO.
Ademáis de colaborar cos vosos escritos da pasada semana (poesía,narración, comic,debuxos...)no cole na parte adicada á educación física e deporte tamén adicamos o noso espazo pola cultura e tradicións galegas, neste aspecto adicámonos aos xogos populares coñecidos polas vosas familias.
Con dito motivo fixéchedes os traballos, que están expostos na planta baixa do cole, e estivemos adicando as últimas clases a practicar os xogos populares como saltos á corda cantando, xogos con gomas, canicas, chapas,mariolas,bolos,tres en raia, peón etc.
Para esta semana que entra o mércores xa comezamos nos recreos a vivencia de "ENSINAMOS AOS PEQUENOS" que consiste en que vós,o alumnado de 5º e 6º curso do cole ides a ensinar aos pequenos dende infantil ata 4º de primaria aos xogos que xa aprendíchedes con anterioridade e así pasar un tempo de lecer entretido e significativo.
Dar grazas ao mestre Suso por ensinarnos a xogar ao peón,xogo no que ten bastante experiencia.
Así que xa sabedes...a xogarrr

domingo, 1 de maio de 2011
REMATAMOS CO VOLEI !!
Estamos a piques de finalizar coa unidade didáctica de voleibol,de feito xa estamos facendo os exames teórico e práctico do mesmo.
Sería interesante que fixérades comentarios sobre o que vos pareceu todo o que fixemos sobre volei,si aprendíchedes algo ou non,si vos gustou,etc...
Vou poñer algunhas fotos que fixen dalgún partido dos recreos.

sábado, 2 de abril de 2011
TOQUE DE ANTEBRAZOS
Botade un ollo ao vídeo;trata sobre o golpeo que se fai cos antebrazos,fixádeos na colocación das pernas, a cadera flexionada, os brazos estirados....A ver si nos sae algo parecido!!
martes, 15 de marzo de 2011
MINIVOLEY
Chicos!! animados a practicar un novo deporte?
Comezamos con voleibol;deporte no que xogan dous equipos separados por una rede.Existen uns xestos técnicos, mirade o vídeo:
e ademais mirade na wikipedia o regulamento :
http://es.wikipedia.org/wiki/Voleibol

sábado, 12 de marzo de 2011
Comeza o campionato de fútbol
O próximo luns 14 de marzo comezará o campionato de fútbol interno no CPI ALCALDE XOSE PICHEL,levarase a cabo nos recreos e o lugar será na pista cuberta do patio de recreo.
Estade atentos para saber cando vos toca xogar ou arbitrar!!
As regras serán as mesmas coas que xogabamos nas clases:é obrigatorio pasarlle como mínimo a unha rapaza do equipo, e ogol metido na portería por unha nena vale 2 puntos.Os equipos serán os mesmos cos que xogamos no resto de campionatos.
Aquel almno que esté sancionado dalgún campionato anterior, mantén a sanción para estos partidos.
A PASALO BEN!
!

martes, 1 de marzo de 2011
VIDEO SOBRE A XORNADA DEPORTIVA DE VIMIANZO
Chicos aí vai o ansiado vídeo das fotos que sacamos mentres xogabades na xornada deportiva;esperamos que vos guste!!
sábado, 26 de febreiro de 2011
PRIMEIRA XORNADA DEPORTIVA NO CEIP SAN VICENZO EN VIMIANZO
O venres 25 de febreiro celebramos a primeira xornada deportiva entre CPI ALCALDE XOSE PICHEL e CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO (3º ciclo).
A pesares dalgúns pequenos inconvintes como foi que non xogabamos coas mesmas regras nos dous colexios,a pesares de intentar unificar ao máximo os criterios de actuación por parte dos organizadores...(pero se nos escaparon algúns detalles) penso que disfrutamos todos,foi divertido,o tempo acompañounos ao longo da xornada,mellorando o disfrute.
Por certo!! moitísimas gracias á colaboración das mestras,que viñeron de acompañanantes ademáis de adestradoras deportivas,sin elas non poderiamos facer a xornadas deportivas,así que chicos dádelle as grazas as vosas titoras por acompañarnos nestas actividades lúdicas.
Por outro lado agradecer a organización ao colexio San Vicenzo, porque xa estaban preparados con todo listo para xogar cando nós chegamos alí,facilitando en todo momento o desenrolo do xogo e ademais déronnos botellíns de auga para reponer forzas entre os partidos.
Noraboa a todos por participar!!!!
Ao longo desta semana veremos algunhas fotos que probarán o comentado anteriormente.
Mirade o mestre de educación física de Vimianzo, Gerardo, fixo tamén un blogue de educación física para os seus alumnos, aquí vos deixo a dirección:
http://efsanvicenzo.blogspot.com/2010_10_01_archive.html

mércores, 23 de febreiro de 2011
PREVISION DE BO TEMPO PARA A XORNADA DEPORTIVA DO VENRES
Mirando a previsión de meteogalicia para a xornada deportiva do venres,meteogalicia da bó tempo:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action
Iso é boa sinal porque así poderemos xogar dentro e fora do polideportivo de Vimianzo e disfrutaremos máis do xogo e de maior tempo de xogo.
O planteamento será o seguinte :5º e 6º xogaran de forma simultánea,todos ao mesmo tempo,é dicir vai haber 2 campos de fútbol dentro do polideportivo,e fora haberá un partido de baloncesto, outro de balón torre e dous de brilé;así que poderemos xogar fora todos os partidos,excepto fútbol que será dentro da instalación cuberta.
Os equipos serán 5A,5B e 5C,6A,6B e6C e xogaremos contra o mesmo equipo nos tres deportes e logo outra ronda máis dos tres deportes pero contra outro equipo distinto,entendemos?? é por cuestión de tempo;nós non temos máis tempo porque sobre as 12,20 temos que marcharnos para chegar ao comedor.
Primeiro arbitrarán 6 nenos do cole de Vimianzo, na primeira ronda, e logo na segunda ronda,6 nenos do noso centro.
Comento así por riba algunhas das normas que xa sabemos:
BALONCESTO: Non se permiten DOBRES (botar,coller o balon nas mans e voltar a botalo) nin PASOS (desprazarse co balón nas mans máis de dous pasos)
BRILE:Comeza un brilado en cada campo;que logo se incorporará ao seu campo.Unha vez brilado alguén poderá voltar ao terreno de xogo do seu campo si brila a alguén do equipo contrario.Non se poderá quitar o balón das mans.
FUTBOL:Como mínimo para o gol sexa válido haberá que pasarlle o balón a unha rapaza,do contrario non será dado por válido o gol.
O resto de normas son as que xa coñecemos,e coas que xogamos habitualmente.
Considero oportuno avisar sobre a forma de actuar e xogar cos compañeiros do cole de Vimianzo,espero non ocurra, pola nosa parte,ningún tipo de problema deste tipo (en canto a insultos, conducta antideportiva...);nese caso o alumno será apartado do xogo e pode ser que do resto de xornadas deportivas, en caso de haber máis este curso.
Solo me queda ANIMARVOS A XOGAR E DISFRUTAR DO XOGO LIMPO!!!

sábado, 12 de febreiro de 2011
APLAZADA A XORNADA DEPORTIVA
POR PROBLEMAS DE COINCIDENCIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS NA MESMA DATA, CONSIDERAMOS OPORTUNO APLAZAR PARA O VENRES DA MESMA SEMANA A XORNADA DEPORTIVA,ASI QUE XOGAREMOS EN VIMIANZO O VENRES 25 DE FEBREIRO;ESTADES PREPARADOS??? A XOGARRR!!
domingo, 6 de febreiro de 2011
DATA DA PROXIMA XORNADA DEPORTIVA!!
PREPARADOS,LISTOS...E XAA!!!
Atendende!! xa temos data para a nosa primeira saída deportiva:
martes 22 de febreiro no CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO!!,non vos sona o cole?
Pois sí é onde nos deixaron comer o día que tivemos a carreira de campo a través de Cee,xogaremos e disfrutaremos da compañía dos nenos e nenas de Vimianzo.
Será a nosa primeira xornada, iremos os alumnos que o merezan de quinto e sexto de primaria do Pichel, durará toda a mañán e voltaremos a comer ao colexio.
Así que ídevos preparando para o gran día,vai ser divertido!.

Comezamos campionato interno de brilé
Coincidindo co comezo do segundo trimestre puxemos en marcha unha nova experiencia no noso centro do Pichel....Liga interna de brilé no terceiro ciclo!!
A liga sírvenos de entrenamento para as próximas saídas deportivas nas que xogaremos con outros nenos doutros colexios a xogos como brilé,balón torre, fútbol....
Así que toca poñernos as pilas e comezar a XOGARRRR!!!
MIRADE O BEN QUE O PASAMOS!!

domingo, 23 de xaneiro de 2011
RESULTADOS DA AVALIACION E AUTOAVALIACION
Rematado o primeiro trimestre deste curso queremos saber como resultaron as sesións de educación física impartidas neste trimestre,para elo levamos a cabo dous tipos de avaliacións,unha AUTOAVALIACION por parte do alumnado da súa propia actuación, có fin de que se poña a proba para comprobar cales foron os seus progresos respecto a área de educación física e por outro lado a AVALIACION DA MESTRA E DO PROCESO de ensinanza-aprendizaxe.
Para isto o alumnado cubriu dous test.
A súa propia avaliación ten como obxectivo comprobar si eles aprenderon o que nós pretendiamos nos obxectivos da programación de educación física e que se den conta dos aprendizaxes logrados e por outro lado a avaliación do mestre e do proceso, ten como obxectivo ver as cousas que fallaron e as que funcionaron e poder remedialas de cara ao seguinte trimestre.
Da avaliación da mestra o alumnado opina que :algunhas clases deberían ser máis divertidas,se debería deixar tempo na clase de educación física para apuntar na libreta as actividades que facemos nas sesións,ter máis tempo para o aseo,ter tempo libre na clase de educación física para xogar ao fútbol...entre outras...
E en canto a autoavaliación dixeron que deberían levar a libreta ao día, non recoñecen ben os músculos e articulacións,e ás veces non se asean si non hai ninguén controlándoos...
Unha vez obtidos os resultados hai que poñerse en marcha de novo,de cara a mellorar neste segundo trimestre que xa comenzou;así que A POÑERNOS AS PILAS!!

xoves, 13 de xaneiro de 2011
COMPETICION INTERNA EN TERCEIRO CICLO NO PICHEL
Próximamente comezaremos unha liguilla interna entre o alumnado do terceiro ciclo.
Con isto pretendemos aprender algúns xogos nos que logo participaremos nas xornadas deportivas intercentros.
As actividades a desenvlver serán bálón torre,brilé e fútbol.
Os nosos alumnos e alumnas xa está incluidos nalgún equipo;hai un total de seis equipos,tres de quinto curso e tres de sexto curso.
Cando existan máis novas sobre esto comunicarémolas por aqui,ademais de no propio centro.
ANIMO E A FACER UN XOGO LIMPO!!

COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE
Chegou a volta ao cole...e con isto voltamos á rutinas da escola de novo;entrada nas aulas,mates,linguas....en educación física comezamos un novo plantexamento de unidades didácticas.
A primeira unidade didáctica neste trimestre está adicada ao control do balón; de formas variadas (cambiando tamaños, agrupacións de alumnos, formas de agarre,pase...)
A unidade leva por título aprendemos balonmán,pero vai adaptada a distintos contextos,materiais,situacións...
Como vedes xa comezamos disfrutando das nosas sesións
.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)