AS
MANIOTAS
O
nome das maniotas procede da percepción que temos cando as
padecemos, xa que temos a sensación de que nos están a clavar
agullas no músulo. Ademais, ata fai uns anos, críase que se debían
ao ácido láctico que se libera durante o exercicio e que, ao
arrefriarse o músculo tras do entreno, se solidificaba e
cristalizaba, facendo que os “ristais” se cravaran nas fibras.
Pero hoxe en día sábese que esta teoría non é certa. Entón, a
que se deben logo as maniotas?
En
realidade prodúcense por un sobreesforzo da musculatura que provoca
micro roturas nas fibras musculares. O músculo infámase e a libera
sustancias que son irritantes e dorosas e aparecen despois de
realizar o esforzo. Isto acontece porque realizamos un exercicio de
maior intensidade do que estamos preparados ou ben cando estamos
desentrenados e o noso corpo precisa de máis entreno.
Aínda
así, as maniotas, ainda que molestas e dorosas, son beneficiosas
para o corpo porque provocan a creación de novas fibras no músculo
que se exercita.
Podemos
previlas?
As
maniotas son parte dun proceso de adaptación muscular polo que o
único que se pode facer para evitalas é practicar exercicio de
forma progresiva e realizar un bo quecemento previo.
E...
como as combatimos?
O
mellor é facer xusto o exercicio que as provocou, pero de forma
gradual e sen sobreesforzos.
Funcionan
os “remedios da avoa”?
O
feito de tomar bicarbonato ou auga con azucre, dous remedios
populares largamente usados para combatir as maniotas, non
teñen ningún beneficio á hora de curalas ou
disminuílas. Así que por moita cantidade que tomes, as maniotas
continuarán a acompañarte ata que as microroturas musculares se
curen. O que si pode facer que desaparezan antes, é a aplicación de
frío local nas zonas afectadas e incluso facer estiramentos suaves.
Así
que xa sabes... Para curar as maniotas... Deixa o azucre e fai
exercicio!!!
Totalmente dacordo contigo!!
ResponderEliminar