ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

xoves, 31 de maio de 2018

AS MERENDAS A REVISIÓN

 Merendas... E ao patio!!



 Durante un trimestre, varios grupos se prestaron voluntarios para realizar un análise das merendas do recreo da mañá. Cada día e de forma individual, tiñan que cubrir nunha táboa como a que sigue, o alimento ou alimentos que traían á escola e completar o recadro correspondente se non aparecía xa incluído na lista.



  Os datos obtidos móstranse na seguinte gráfica: 

Tras da súa análise, tiramos as seguintes conclusións:
  • Comezando polos alimentos máis saudables e referíndonos en concreto á froita apréciase que só hai un 12% de alumnado que a trae para a merenda dos recreos pese a ser un alimento que proporciona unha gran cantidade de nutrintes á par que aporta sensación de saciedade.
  • Observamos que, pola contra, é moi alta a porcentaxe de nenos e nenas que merendan alimentos pouco saudables e ricos en azucres e graxas saturadas tales como galletas, cun elevado número dun 31%,  ou bolería, que supón un 17% do tota. Moitos destes produtos incorporan na súa lista de ingredientes aceite de palma, elemento que se está a demostrar ten efectos perxudiciais para a saúde.
  • Entre os alimentos que se recomendan de consumo esporádico atópanse os bocadillos, tamén cunha porcentaxe elevada dun 16% aínda que dentro deles podemos atopar variantes máis ou menos saudables en función do contido: é maioritaria a presenza de recheos de consumo que sin embargo tería que ser só moi ocasional (especialmente embutidos graxos e cremas de untar de chocolate) fronte a opcións vexetais ou máis magras.
  • Os lácteos son consumidos por un 18,6% e entre eles os queixiños e batidos son especialmente numerosos.
  • Unha porción minoritaria de nenos e nenas optan polo consumo de tortiñas de distintos cereais e de xeito pouco significativo en ocasións aparecen outros produtos coma doces, golosinas ou mesmo pizza.

  Con todo isto, profes e alumnnado fomos conscientes da realidade dos nosos hábitos alimentarios nunha pequena parte do día e acordamos que debemos facer algo para mudar positivamente esta situación. Comprometémonos a facer algo máis serio para o vindeiro curso e comezar a preocuparnos dende xa polos alimentos que traemos ao cole para o recreo. Así que... Mans á cociña!!

 Sabemos que hai moitas alternativas saudables á hora de escoller a merenda pero por se vos pode servir de axuda, incluímos algúns consellos para papás e mamás que podedes ver dentro do programa de Objetivo Bienestar e ademais enlazan un vídeo con ideas creativas. Podedes velo, aquí.
  
  Lembrade que "somos o que comemos", e sen dúbida podemos facelo ben!

martes, 29 de maio de 2018

V CARREIRA PEDESTRE DE ZAS

  Chega a fin de semana e con ela outra data importante no calendario: A V Carreira Pedestre de Zas. Xa estás tardando en anotarte!!! Para que non teñas excusa, aquí tes o enlace á páxina para te inscribir.



  Podes descargar tamén a folla de autorización para a participación de menores.

Anímate a participar!!!! 


DÍA DA BICICLETA CARBALLO




  "O ciclismo está de moda", publica o xornal La Voz de Galicia. E certo é que isto é así. A bicicleta é un medio de transporte ecolóxico, doado de estacionar e que non require un mantemento moi caro; á par que é un vehículo para divertirse, facer deporte e manter o corpo e a mente áxil. Pois ben, a cita será o vindeiro 3 de xuño ás 11 da mañá nun percorrido circular que circulará polas rúas máis céntricas desta localidade. Podedes apuntarvos inclusive o mesmo día na delegación carballesa da Voz de Galicia ou o consistorio e deberedes acudir coas vosas bicicletas e o correspondente casco. Se a aventura vos gusta, teredes ocasión de participar nas seguintes edicións que se celebrarán ao longo da Costa da Morte. 


  
  E se todavía vos quedan dúbidas... Ao remate da xornada haberá sorteo de regalos!!

domingo, 27 de maio de 2018

"DÍAS AZÚIS". Surf en Razo.

Non poido ser,

Esperabamos 23 e só trouxeron o necesario 9 alumnos/as!!!!!

A empresa só podía manter ese precio cun grupo mínimo de 15, e ademáis, a porcentaxe de alumnos/as era moi baixa.

Grazas a todos os que vos preocupastes para que saíra adiante. Un bico a todos, especialmente para Concha Martínez que foi a que fixo as xestións dende o CPI.

O curso que ven ofertarase de novo na primaveira para 1º E 2º ESO. Esperamos que vos animedes máis!

ALIMENTACIÓN. Información nutricional e ingredientes.

Este curso escolar, o alumnado de 1º ESO, ademáis de aprender a localizar, diferenciar e interpretar as etiquetas de alimentos : patacas fritas e zumes de melocotón e manzá en tetrabrik coma outros anos escolares. Fixeron un cartel coa información nutricional e ingredientes de diferentes alimentos que usamos como fonte de datos para facer diferentes clasificacións en función de conceptos como cantidade de graxa saturada, cantidade de hidratos de carbono (glucosa), sal, tipos de aceites....

O novo  traballo foi proposto e asesorado polo profesor Javier Aristu de física e química e seguido polo mesmo profesor e  Elena Alcoba.

Aquí esta un dos carteis despois de realizar a actividade (quedou un pouco perxudicado). ¡Grazas a todos pola colaboración!!






venres, 4 de maio de 2018

"DÍAS AZÚIS". Surf en Razo

Do 31 de maio ao 1 de xuño.
Dende as 8:45 do xoves ata as 18:30 do venres.
Organizado por "Art Surf".

O alumnado estará acompañado por monitores titulado así como por Elena Alcoba.

A saída inclúe manutención dende a comida do xoves á comida do venres, pernoctación, 4 sesións de iniciación a surf ou recreativas relacionadas e o aluguer do traxe de neopreno e a tabla de surf.

Deberán levar: dous bañadores, toalla de praia, aseo e pixama, dous mudas cómodas, crema de protección solar alta  e gorra.

A ida será en bus dende o CPI. á saída as familias recolerán aos alumns/as nas instalacións de ART SURF en Razo.

Tralo sondeo feito o número de alumnos/as total xira ao redor de 23.

O importe da actividade é de 88 euros.

A autorización entregarase a Elena Alcoba como máximo o día 14 de maio

Grazas pola vosa colaboración.

martes, 1 de maio de 2018

El Ballet

Para coñecer, valorar e por en práctica a adenda deportiva e cultural dos países francófonos, elaboramos documentos que resuman estas manifestacións culturais. O traballo preparouno Begoña de Blas para traballalo de forma práctica durante o curso que ben en un taller da semana cultural e co alumnado de francés nas clases. Este e´o enlace: https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vR6Gw0FhRXbApYORCpSuiyJyg0t_Ft21GQ9nmmaBY3_ar8XVofffltWJqEBf2YVaI4_YziCCnRZLMIw/pub