ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

venres, 5 de maio de 2017

PON UNHA BICI NA TÚA VIDA

MONTANDO EN BICICLETA... AXUDAS AO PLANETA!!!!
    Agora que xa pasou a data e vivistes a experiencia, xa vos resulta un lema coñecido 😀 Pero imos comezar polo prinicpio da historia...

  O sedentarismo, ou a falta de actividade física, é unha das enfermidades máis frecuentes a día de hoxe. De feito, os estilos de vida sedentarios son unha importante causa de obesidade, discapacidade e mortalidade. Podedes comprobalo vós mesmos nas vosas casas ou cos amigos e amigas.. Moitos nenos e nenas pasades os vosos ratos de lecer co ordenador, a tablet, o teléfono móvil, os videoxogos ou mesmo a televisión en lugar de xogar fora, correr ou practicar algunha actividade física. A meirande parte acudides ao cole en transporte escolar ou ben en coche e só uns poucos e poucas o fan a pé ou mesmo en bici. 

    Por todo isto, un profe de E.F. de Murcia, tivo unha idea brillante: provocar un cambio nos estilos de vida dos alumnos/as facéndoos máis predispostos cara a actividade física. Pero.. Como?? promocionando e promovendo o uso da bicicleta no centro escolar. Alberto, que así se chama este superprofe, propuxo aos nenos/as deste centro que, sempre que lles fose posible, acudisen todos os días ao colexio en bicicleta. Pero non se conformou con isto! Decidiu incluír a todos os nenos/as posibles e ideou unha longa viaxe dende o seu centro: o CEIP San Roque de Ceutí, en Murcia, ata o noso: o CPI San Roque de Coristanco! Case 1.150 km!!! 
   Organizou unha campaña que ten como eslogan "Montando en bicicleta, axudas ao planeta". Este é o enlace da páxina onde podedes atopar toda a información:



   No noso cole tamén quixemos colaborar e na última etapa da súa viaxe, acompañástelo coma un xigantesco equipo ciclista, moitos coas vosas bicis e ben equipados de forma segura co casco. A profe María Dolores comprometeuse a fondo co proxecto e inclusive conseguiu un arco de meta para que a chegada fose aínda máis espectacular se cabe!! Non teño dúbida de que foi unha xornada xenial, chea de ilusión e de novas vivencias e unha grande mágoa ter que perdela. 

  Aínda que non será fácil volver a repetila pronto, si me gustaría dende aquí lanzar un reto... Agora que a climatoloxía é máis suave e o sol nos acompaña máis a miúdo... Porque non lle propoñedes aos vosos papás e mamás cambiar o traxecto ao cole en coche pola bici ou mesmo a camiñata?? Non sempre será posible, pero se aproveitades as ocasións que teñades de seguro pasaredes un bo ratiño en familia e o camiño para a escola será máis ameno. Probádeo e contádeme!!!





mércores, 3 de maio de 2017

O DOMINGO... AO COLE!!! CARREIRA DE CORISTANCO

  Este domingo tedes unha cita moi importante no PICHEL!!! A primeira carreira desta localidade sairá precisamente do noso cole!! Hai categorías para tódalas idades, dende os máis pequenos/as ata os  adultos/as así que é unha ocasión ideal para que gocedes dunha xornada de deporte cos vosos pais, nais e amigos e amigas. Eu intentarei estar ahí para animar a todos/as os que vaiades e, se o xeonllo mo permite, tamén participar. Non perdades a oportunidade e apuntádevos!! 
  
  Non hai excusas. Hoxe mesmo remata o prazo para os e as que estades en dúbidas.


Cartel informativo da carreira


  E velaquí o enlace para realizar a inscripción e consultar toda a información.





luns, 1 de maio de 2017

SEPARADOS POLA REDE, XUNTOS/AS COMA EQUIPO: O VOLEIBOL!


Voleibol

  O voleibol é un deporte que combina o traballo en equipo, a destreza, a axilidade física e mental e que naceu en 1985 en EEUU debido ás inquedanzas dun mestre de educación física. Trátase dun deporte colectivo onde dous equipos se enfrontan sobre un terreo de xogo liso separados por unha rede central, tratando de pasar o balón por riba da mesma cara o chan do campo contrario. O balón pode ser tocado ou impulsado con golpes limpos, pero non pode ser parado, suxeitado ou retido. Cada equipo dispón dun máximo de tres toques para devolver o balón aos adversarios/as. Unha das características máis peculiares deste deporte é que os xogadores/as teñen que ir rotando as súas posicións no campo a medida que van logrando puntos. 

  O voleibol é, ademais, un dos deportes onde é maior a paridade entre as competicións masculinas e femininas, tanto polo nivel da competición coma pola popularidade, presenza nos medios e público que segue aos equipos.

Os partidos
  Un partido está formado por 3, 4 ou 5 sets. No momento no que un dos equipos acumula 3 sets, gaña o partido. Este set se consigue cando acada ou supera os 25 puntos cunha diferencia de 2 co equipo contrario. No caso de que sexa preciso un quinto set, a puntuación redúcese ata 15 pero mantendo os 2 puntos de diferenza co contrario. 
.
Xogadores e posición no campo
  Cada equipo ten 6 xogadores/as e as posicións numéranse da seguinte forma:
  • Os 3 xogadores/as colocados fronte á rede son os dianteiros e ocupan as posicións 2, 3 e 4.
  • Os outros 3 xogadores/as son os zagueiros e ocupan as posicións 1, 6 e 5 como podedes ver na seguinte imaxe: 


O voleibol ten unha característica peculiar: a rotación. Que significa isto? Que os deportistas irán cambiando a súa posición no campo (rotando) en sentido contrario ás agullas do reloxio cada vez que arrebatan o saque ao equipo contrario. Deste xeito, o/a que estaba na posición 1 rotará ata o 6; o/a que estaba na 6 rotará á 5 e así sucesivamente todos e cada un dos xogadores/as que irán pasando polas posicións de dianteiros e zagueiros.



O campo de xogo
O campo onde se xoga a voleibol é un rectángulo de 18 m de largo por 9 m de ancho, dividido na súa liña central pola rede que separa a ambos equipos. En realidade, o xogo desenvólvese tamén no exterior, na zona libre, a condición de que o balón non toque o chan nin outro elemento. A zona libre terá polo menos 3 m. Tamén á mesma distancia da rede (3 m), unha liña delimita en cada campo a zona de ataque.

1. ZONA LIBRE.
2. LÍNEA CENTRAL.
3. LÍNEA DE FONDO.
4. LÍNEA LATERAL.
5. LÍNEA DE ATAQUE.
6. ZONA DE SAQUE.
7. ZONA DEFENSIVA.
8. ZONA DE ATAQUE.
9. PRIMER ÁRBITRO.
10.SEGUNDO ÁRBITRO.
11. ANOTADOR.
12. BANQUILLO.




Os fundamentos técnicos do voleibol

 Na imaxe podedes ver os elementos técnicos máis importantes deste deporte: saque, recepción, colocación, ataque, bloqueo e defensa. 


1. Saque ou servicio: realízase dende calqueira punto detrás da liña de fondo, existindo distintas formas de sacar: saque de man baixa (o máis doado e seguro), saque de arriba ou de tenis (máis potente e complexo) e saque de arriba con salto, que é o que require de maior dificultade. Nos seguintes vídeos podedes ver como se realiza cada un.


2. Recepción e pase: tras do saque do equipo contrario a misión é recepcionalo balón e xogalo da mellor forma posible para atacar eficazmente e conseguir punto. Úsanse fundamentalmente dúas técnicas: pase de dedos e toque de man baixa ou antebrazos. O primeiro emprégase sobre todo para a colocación do balón no segundo toque e o segundo para o control do balón tras do saque. Como se realiza cada un deles? Nos seguintes vídeos poderedes aprendelos:

3. Colocación: permite elevar o balón no propio campo para facilitar a labor de ataque finalizando normalmente cun remate ou finta.

4. Ataque: O remate é o xesto técnico por excelencia desta fase. Ten como misión superar a rede e a defensa ou bloqueo do equipo contrario, enviando o balón directamente cara o chan rival. É un golpeo potente e rápido.

5. Bloqueo: é a acción encamiñada a interceptar calqueira ataque do equipo contrario, saltando xunto á rede cos brazos alzados e buscando devolver directamente o balón ao campo do contrario. Poden participar nel ata 3 xogadores/as.


Como xogar voleibol?

  Para que aprendades mellor como é o sistema de xogo neste deporte, botádelle unha ollada aos seguintes enlaces.




 O voleipraia!

  E xa para rematar e agora que imos directos cara o verán, Berni preséntavos unha opción super atractiva para que a poidades aproveitar nos vosos dias de praia: o voleipraia. Se o probades de seguro repetiredes!!


martes, 25 de abril de 2017

DÍA DA BICICLETA

  O 25 de abril amenceu un día anubrado pero agardado con moitas gañas por todos e todas. Grazas á colaboración do clube ciclista carballo, os nenos/as tiveron a ocasión de poder practicar e divertirse un bo anaco realizando un circuíto en bicicleta polo patio.

  Moitos trouxeron da casa a súa propia bicicleta pero incluso aqueles/as que non, circularon atendendo ás normas de seguridade viaria polo percorrido marcado. Escoitaron tamén uns consellos para facer ben as cousas e desprazarse neste medio de transporte con sentidiño e bo facer. E aínda que son cousas que ben sabemos, nunca está demais refrescar a memoria e tomar conciencia da importancia das normas e das medidas de seguridade.




  A actividade enlazouse coa tan ansiada visita de Alberto Andeu, o responsable do proxecto "Andando en bicicleta, ayudas al planeta". Podedes ver a continuación un enlace ao vídeo do momento da chegada e o fenomenal acompañamento que tivo por parte de toda a comunidade educativa do Pichel.




  Ata saímos en prensa e todo! non perdades nin unha letra da noticia!!

  Aproveita sempre que poidas, colle a bicicleta, non esquezas o casco e ponte en marcha porque...

¡¡MONTANDO EN BICICLETA, AXUDAS AO PLANETA!!


xoves, 6 de abril de 2017

ROTEIRO REGUEIFAS


  Dentro da Semana Cultural do noso centro, hoxe foi un día especial. O porque ídelo saber en breve...

  O noso CPI ten a peculiaridade de estar dividido en dous edificios separados e dado que os recreos non son coincidentes, parecíanos fundamental ofrecer a alumnos e alumnas de dúas etapas e idades ben diferentes a oportunidade de pasar unha xornada de convivencia . Deste xeito, xurdiu a idea de facer un roteiro visitando as casas dos regueifeiros e regueifeiras máis importantes da zona: Fermín da Feiranova, Costa de Xaviña, Blanco de Muíño Seco e Guillermo da Rabadeira. Os alumnos/as de 5º e de Secundaria gozamos dunha xornada de andaina na que nos acompañaron dúas personaxes de grande sona: Suso e Antonio de Xornes, regueifeiros excepcionais que nos contaxiaron da súa ilusión por este arte dialéctica e nos ofreceron mostras da mesma en cada parada que fixemos. O noso CPI non quixo manterse á marxe e rapaces e rapazas da E.S.O, prepararon unha loita dialéctica de regueifa. A velada finalizou cun xantar campestre en Xaviña para voltar ao colexio camiñando todos e todas xuntos. A Voz de Galicia fíxose eco da noticia. Non perdas detalle dela!


  De cara á entrada da primavera e á chegada do bo tempo, aproveitade a ocasión para facer en familia a ruta do roteiro. O nivel de dureza é asequible para calquera e pode converterse nunha ocasión ideal para pasar un bo rato facendo exercicio e contando contos. Probádeo!!


domingo, 12 de marzo de 2017

COREOGRAFÍAS HABILIDADES XIMNÁSTICAS



Isto non é o Circo do Sol pero case o parece! Certo é que estes rapaces e rapazas se esforzaron unha chea para crear e preparar as súas coreografías. Así que rematou a espera!, ahí van para que todos/as as poidades desfrutar. Eu estou moi contenta con como saíron. Agardo que o pasarades ben durante o proceo e que teñades aprendido unha chea porque a evolución foi xigantesca na meirande dos casos. Aínda hai algunhas en proceso pero en breve as poderedes ver. Imos a por elas!!


6ºA
6ºB
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d98465714k2154944o1l1/coreo-6b-naira-javi-brais-luca-facundo


mércores, 1 de marzo de 2017

ROLAND GARRÓS

ROLAND GARRÓS  

Despois de ver a vosa parte máis creativa e orixinal coas coreografías, seguimos avanzando neste trimestre cos deportes individuais, pero neste caso con raqueta. Imos comezar polo tenis. Pero... que sabedes deste deporte? De seguro algo tedes escoitado pero quizáis non teñades moi claro como é realmente o xogo. Déixovos información que espero satisfaga a vosa curiosidade. Preparade as raquetas!!



Regras básicas de tenis

O tenis é un dos grandes deportes individuais. Ao longo da historia existiron neste deporte grandes xogadores e xogadoras que quedarán na lembranza de todos/as para sempre. Pero á hora de iniciarse no mundo do tenis, temos que ter claras cales son as regras básicas do mesmo. Comezaremos falando da pista de xogo.
A pista é un rectángulo de 23,77 m de largo por 8,23 de ancho.  Está dividida na súa metade por unha rede suspendida cunha altura na súa parte central de 0.914 cm e de 1.07 m nos seus extremos.


As liñas da pista

Liñas de fondo
Son as que se atopan máis lonxe da rede; é dicir, nos extremos da pista.


Liñas de saqueSon as liñas que cruzan a pista perpendicularmente a ambos lados da rede.

Liñas laterais: atópanse a ambos lados da pista, son as máis longas de todas.

Marca central: É unha pequena liña que se atopa situada no centro da liña de fondo que marca o límite para executar o saque.

   
 Cando se gaña ou perde un punto:
  • §  Cando a pelota sae fóra dos límites da pista.
  • §  Cando un xogador/a non é quen de devolver a pelota por riba da rede.
  • §  Cando a pelota bota dúas veces seguidas no mesmo campo.
  • §  Cando o sacador/a comete dous erros ou falta consecutivas de saque. Isto é coñecido como “dobre falta”.
  • §  Cando a pelota golpea ao xogador/a ou calquera cousa que leve, a excepción da raqueta.
  • §  Cando o xogador/a lanza a raqueta cara a pelota e a golpea, sen que estea suxeita pola man.
  • §   Cando a pelota golpea na rede e pasa ao campo contrario botando o primeiro bote dentro deste.


O saque

No Servizo:  Se un xogador/a realiza o 1º servizo, a pelota golpea a rede e pasa ao cadro correcto de saque, este deberá repetirse e ao xogador lle quedarán aínda as dúas pelotas dese lado.

No caso de ser o 2º servizo dende ese lado, só se repetirá este último.

Se a pelota non entra dentro do recadro correspondente, o servizo non se repetirá e só lle quedará o 2º saque ou ben perderá o punto.





A puntuación no tenis

Puntuación nun xogo
A puntuación é a seguinte: 15, 30, 40 e xogo. O xogador/a que consiga gañar 4 puntos antes que o adversario/a é o gañador. Á hora de reflectir no marcador a puntuación, hai que ter en conta que sempre aparece primeiro a puntuación do que saca y despois do que resta.
Exemplo: Antía saca fronte a Silvia e gaña: 30-15. Se no mesmo saque gañase Silvia o resultado sería 15-30.
En caso de empate 40-40 (deuce) tense que desempatar. Para que calquera dos dous xogadores gañen terán que conseguir 2 puntos seguidos que reciben o nome de vantaxes. É dicir, se gañas un punto tes vantaxe e se consegues facerte co segundo gañas o xogo pero, se polo contrario perdes, volveriamos a un marcador de 40-40 e o xogo continuaría ata que algún de ambos xogadores/as mantivese a vantaxe e gañase o xogo.

A puntuación no set
Normalmente os partidos son a 3 set; isto é, que o/a que gañe 2 sets gaña o partido. Cada set esta composto de 6 xogos e o primeiro/a que chegue a esa cifra é o gañador, pese a que ten que facelo con dous puntos de diferencia: 6-2, 6-3, 6-4, etc. En caso de chegar a 5-5 calquera dos 2 ten que gañar por 2 xogos de diferenza: 7-5.
Se se produce un marcador de 6-6, dispútase un tie-break. Neste caso, terase que seguir disputando o xogo ata que algún dos dous xogadores/as gañe por 2 puntos de diferenza; isto é, polo menos un marcador de 6-8. No Tie-Break os xogadores cambian de campo cada 6 puntos.

Descansos e cambio de pista
Todos os xogos impares (1-0, 2-1, 3-0, 4-1), cámbiase de pista e durante este período os xogadores gozarán dun tempo de 1’30” min para descansar.

 E ata aquí as regras. Agora teredes ocasión de comprobar a vosa habilidade cun xogo así como de ver distintas técnicas deste deporte nos seguintes enlaces:



O saque

Revés a dúas mans