ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

xoves, 14 de decembro de 2017

FICHAS TRABALLO PRIMEIROS AUXILIOS.



Elaboramos unhas fichas plastificadas de traballo para o alumnado sobre actuaciones de primeiros auxilios ante diferentes circustancias. Aquí teneis el enlace ao documento que Anna Canal e Elena Alcoba elaboraron.

https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vRb0oDF2XbrCj5N8eGjtAQ--hlIEPIcdlDNH4-s7v8gj3HG5-nHyBek4_NrbSBoAgf_lwpx_FNW2Qjc/pub


As fichas utilizaranse para axudar na aprendizaxe, consulta e exposición de actuacións de 1º auxilios ante diferentes circunstancias.

domingo, 10 de decembro de 2017

SEMANA BRANCA. Esto está en marcha!

Xa sabedes, Jose Manuel Pose fixo unhas taboas excel estupendas para os vosos pedidos!






Os pedidos facédellos a Susana Penas ou a Concha Martínez:




Das entregas dos pedidos ocúpanse Susana Penas e Helena Castro, contactade con elas.

Para os doces navideños, poñédevos en contacto con Concha Martínez ou Susana Penas.


venres, 1 de decembro de 2017

CAMPO A TRAVÉS CEE!


  Retomamos este curso as carreiras de campo a través!!

   A primeira cita será o vindeiro 5 de decembro e a ela asistirán alumnos e alumnas dende 3º a 6º. Mentres, nas clases de Educación Física imos adicando un ratiño de cada sesión a mellorar a nosa condición física por medio de distintos xogos e tarefas de carreiras. O obxectivo final non é gañar, senón ser quen de aguantar cada vez mellor e máis tempo de esforzo e, por suposto, pasalo ben e disfrutar do deporte. Ide preparando as zapatillas porque en nada nos vemos en Cee! A cita será no estadio de San Paio Refoxo, coma noutras ocasións.

  Déixovos a información que recibimos sobre o circuíto para que lle botedes unha ollada e para que convidedes aos vosos familiares que acudan a animarvos.

https://xogade.xunta.gal/adjuntos/cCalendario/14_1_normativa..._3.pdf

  Aquí podedes ver o plano do percorrido para as distintas categorías
:
https://xogade.xunta.gal/adjuntos/cCalendario/14_1_plano..._2.pdf




xoves, 30 de novembro de 2017

SEMANA BLANCA 1718

Ola¡¡
Despois de darlle moitas voltas.....entre as profesoras Beatriz Villar e Susana Penas....




Xa temos o deseño definitivo das camisetas e sudaderas¡¡, este é o resultado:



Agora só tedes que elexir cal vos gusta máis, color e talla¡¡

Contactade con unha das dúas profesoras.

xoves, 23 de novembro de 2017

V CARREIRA PEDESTRE DO ANLLÓNS

  Unha carreira ao ladiño da casa é unha cita á que non tedes excusa para non asistir! E por riba de vacacións de Nadal! Ocórresevos mellor forma de despedir o ano?


  Pois non o pensedes máis e picade no seguinte enlace para apuntarvos!!



domingo, 19 de novembro de 2017

SEMANA BRANCA. Power-point para a reunión cas familias.

Publicamos aquí unha presentación feita para a reunión cas familias.

https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQWVO-E1lGDdtsIgMU-ho1quMFX4LnwpKdhO1G0RTJi-QyAAzxa1AAW2Fxy6tBkBVORQRBVmm4STk0s/pub?start=true&loop=false&delayms=3000

domingo, 29 de outubro de 2017

SEMANA BRANCA. Carta informativa. Primeira reunión.


Este é o enlace donde podedes ver a convocatoria da excursión á neve para este curso escolar e á primeira reunión informativa:


https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vTTSpfHs-eIL1AZHlgobOl4cdrGin5eNpH7JpSyIS6zrkwWuPIbR2D2MT1OOzLW8cs8iPLiqJRB0jj9/pub

luns, 9 de outubro de 2017

II TRAIL DAS TERRAS DO XALLAS

  Nesta ocasión preséntovos algo ben diferente e orixinal.


 Trátase do II Trail das Terras do Xallas. O obxectivo é percorrer en familia a ruta do Wolfram, xa que é o 75 aniversario do descubrimento da mina de Varilongo. Percorreranse 8 quilómetros nunha andaina circular que sairá e chegará ao mesmo punto: O campo da feira de Santa Comba. Deste xeito, podedes incluír a papás, mamás, familiares ou mesmo irmáns e irmás maiores para que vos acompañen nunha caminata ao aire libre que, de seguro, será moi entretida. Podedes apuntarvos e consultar toda a información aquí.


domingo, 10 de setembro de 2017

II CONCELLO MALPICA

  Rematou o verán! Volvemos ao cole coas pilas cargadas e comeza a tempada de carreiras e aquí tedes  a primeira cita ben cerca da casa.


 Trátase da II Carreira Pedestre do Concello de Malpica. Organízase co eido de fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para acadar unha vida máis saudable. A inscripción farase a través da seguinte plataforma. A que agardas para anotarte? 😸





mércores, 28 de xuño de 2017

ANÁLISIS DA ACTIVIDADE FÍSICA DO ALUMNADO EN FRANCÉS

Begoña de Blas, a nosa profesora de francés, creou xunto o seu alumnado unha enquisa para o análise da actividade física do alunado do CPI. En francés por suposto, aquí tendes algunha das enquisas cubertas e por suposto o documento coas conclusións.

MILLO DO PAIS, MILLO DE FORA

Alimentación, hidratos de carbono, cambios xenéticos nos cultivos; cambios alimenticios nos últimos 50 anos. Grazas aos alumnos/as trouxeron estas mostras da casa!! ...siii...o sabemos aínda falta algún tipo máis, pero por algo se empeza!!



NOVA PORTERÍA NO PATIO

A FALTA DE PAN BOAS SON TORTAS!!.

Preséntovos a nova portería pintada con moito amor por alumnos de 1º e 4º ESO, aínda a podemos mellorar un pouco, non si?


ALUMNADO E DEPORTE FORA DO CPI


CARREIRA EN CORISTANCO

Alí estivo o noso triatleta Miguel coorendo os case 3000 metros para a súa categoría e algún outro representante de primaria:




























ESCOLA DE SURF EN RAZO

Como xa sabedes todos os sábados á mañán, os alumnos da escola de surf practican e aprenden este deporte na praia de Razo. Lucía Canosa pertence a esas escolas, aquí a tendes ao final dunha clase.



CARREIRA DE DOUS EN DOUS. CARBALLO.

Unha carreira maravillosa na que participar é o fundamental e o posto un prescindible añadido. Aqui estiveron de parella Lucía Canosa e Miram Ares de 4º ESO.




 DÍA DA BICICLETA EN CARBALLO

Temos a proba!!, velaí a tres exalumnos e un alumno CICLISTAS!!...que vos vaia ben rapaces!!

María!, Uxía!, queda pendente vervos ás dúas en acción. Ademáis, Uxía, non esquezo que o curso que ven temos unha entrevista radiofónica pendente ao teu entrenador.


RECREOS EN SECUNDARIA

Estámolo a facer ben, xa temos un cuarto especial para material de recreos e/ou gardas se o profesor/a ten a ben usalo. Só hai que apuntarse na folla da porta e...listo¡¡, calquera incidencia comunícase ao profesorado responsable destes tempos e ¡atoparemos solución¡, non o dubidedes.

Por certo, o curso que ven tentaremos ter outro/s patinetes; son todo un éxito.

Agradecer a colaboración de dous alumnos maravillosos a que esta nova organización para dispor de material de recreos e de recreo de comedor fora posible de verdade. Aprendemos moito xuntos, resolvimos situacións do día a día, e saímos dos conflictos como mellor sabemos: aprendendo. Seguide así, bicos das profesoras responsables da xestión destes tempos.




TALLER DE CONCIENCIA CORPORAL E POSTURA

Durante o segundo trimestre, o alumnado de promoción de hábitos de vida saudable, formouse e experimentou actividades individuais e cooperativas en relación coa postura e a actitude corporal; "a linguaxe do corpo e a saúde". Aproveitamos os coñecementos previos do aparello locomotor da primeira avaliación para realizar as actividades e fixemos un capítulo especial adicado a columna vertebral.
Camiñamos, respiramos,  recoñecémonos asimétricos, falamos corporalmente, tomamos conciencia de como modificando as curvaturas vertebrales a postura cambiaba considerablemente.
Debuxámonos un dentro doutro en grupos de catro e ordeamos, mediante pequeña proba de relevos, os ósos neses corpos debuxados.
Debuxamos individualmente a columna vertebral.
Aquí tendes un pequeno recordo deses días:



TALLER DE APARATO LOCOMOTOR

Primeira avaliación, 1º ESO. Traballo cooperativo do aparello locomotor.

XADREZ

Este curso escolar en 2º ESO comenzamos a practicar xadrez co profe Jose Manuel que tamén organizou campeonatos. Aquí tendes os resultados, aínda que hay que aclarar que houbo xogadores que tiñan algunha partida menos que outros, tamén podedes ver que esta iniciativa non só gustou aos cativos!



PINPON

Si¡¡,  nos recreos deste curso escolar, o pinpon voltou a ser unha das actividades favoritas de moitos.

Mercouse outra mesa, e, por suposto, houbo un torneo na primeira avaliación. Os cuartos, semis e a final con público durante a celebración do magosto ¿lembrades?.

O nivel dalgúns xogadores é xa algo "serio".

Esperámosvos en setembro. Ahh! gracias a esos alumnos colaboradores!!!


ROTEIRO REGUEIFEIRO EN FRANCÉS¡¡

O alumnado de francés coa súa profesora Begoña, traballaron nun documento que falara, presentara e "vendera" esta maravillosa terra de Coristanco entre outras as cousas importantes a "Regueifa" a que como xa sabes, adicamos un roteiro moi especial. este é o documento:

Verdes.
Charmant space natural baigné par le fleuve  Anllóns où les gens se réunissaient  autrefois pour travailler et faire des fêtes autours des moulins. C’est un régal pour les yeux de la nature galicienne.

Pont romain de Lubiáns.
Sur le fleuve Rosendo, ce ponl unit les villages de Coristanco et Carballo. Construit entre le Ier et le II ème siècle,  le pont traverse  la Via XX romaine qui presente encore des traits de l’architecture originale.

Castro de Oca.
Comme partout en Galice, il y a à Coristanco, des camps fortifiés de l’époque celte. O Castro de Oca en est un exemple. Bien préservé, il presente deux structures circulaires à l’extérieur.À l’intérieur, on peut voir encore de nos jours des pierres  appartenant aux anciennes maisons.
Une légende nous y  invite à chercher une marmite d’or qui nous fera  immensément riches.

Terre des  pommes de terre et de la regueifa.
La principale activité économique de cette región est la culture  et production des pommes de terre. C’est sans conteste le tubercule le plus important en Galice. La Fête des pommes de terre a lieu  au mois de septiembre.
As regueifas, sont un chant traditionnel et improvisé, similaires au rap actuel, où deux ou plus personnes se disputent de façon ironique ou humoristique
Lacune de Alcaián.
À Seavia, Braña Rubia, cette lacune fait partie de la nature de Coristanco. Autour de la lacune, il ya plusieurs légendes. La plus populaire raconte que  la Ville d’Alcaián a été submergée à cause d’une femme qui n’a pas voulu accueillir   Saint Pierre et Jésus.
Tour de Nogueira.
C’est une Tour de défense, à San Mamede de Seavia. Elle fait partie, d’un ancien pazo (palais galicien) du XVème siècle (monument d’intérêt culturel) Elle est réprésentative de l’architecture civil de la región.



Hórreos.

martes, 27 de xuño de 2017

PATACAS FRITAS, Análise das grasas saturadas

1º ESO, durante o 2º trimestre, fixo unha actividade que consistiu básicamente en ordenar 16 bolsas de patatas en función da cantidade de grasas saturadas que contiñan.

Cada alumno/a fixo unha toma de datos da etiqueta das patatas fritas, ordenámolas tomas de datos entre todos, poñendo de primeiras as que menos grasas tiñan e de últimas as que máis tiñan. Analizamos tamén datos como o tipo de aceite que tiñan e que outros ingredientes ademáis de pataca, sal e aceite.

Finalmente ordenamos as bolsas de patacas tal como estaba no documento que elaboramos, fixémoslles unhas fotos e, comemos as que consideramos máis saudables, sabendo que é un consumo ocasional, por suposto.








ROTEIRO REGUEIFA

Aquí tendes un pequeno compendio do antes, durante e despois do "roteiro da regueifa" por Coristanco. Esperamos que disfrutarais deses días.

luns, 26 de xuño de 2017

CAMPIONATO DE BRILÉ

  Este último trimestre celebrouse un novo campionato de brilé no que podían formarse equipos con alumnos/as de diferentes cursos. Animáronse 4 grupos, que quedaron do seguinte xeito:

EQUIPO 1
EQUIPO 2
EQUIPO 3
EQUIPO 4
CLAUDIA (5º)
ALEXANDRA (5º)
ÁLVARO (4ºº)
PABLO (4ºB)
JUAN (5º)
LAURA B. (5º)
ÁNGEL (4ºB)
UXÍA (3ºB)
VIRGINIA (5º)
DAVID (5º)
ANXO (4ºB)
CRISTIANA (4ºB)
IZAN (5º)
LAURA (6ºA)
IVÁN(4ºB)
NAYARA (3ºA)
SERGIO (5º)
MARÍA (6ºA)
MARÍA (4ºB)
NEREA (3ºA)
ALEXIA (5º)
VÍCTOR (6ºA)
NOA (4ºB)
MARTA (3ºB)
CARME (5º)
MANUEL (6ºA)
CYNTHIA (4ºA)
XULIO (4ºA)
MARCOS (5º)
NEREA (5º)
SARAY (3ºA)
ANXO (4ºA)

   Tras dunha reñida competición, o equipo gañador de xeito indiscutible foi o nº 3, coa seguinte táboa de clasificación:

1º POSTO
EQUIPO 3
2º POSTO
EQUIPO 1
3º POSTO
EQUIPO 2
4º POSTO
EQUIPO 4

  Estade atentos/as porque o vindeiro curso repetiremos a experiencia pero agardamos unha maior participación para facer o resultado do torneo máis motivante. Deica a próxima!!



venres, 26 de maio de 2017

XORNADA DEPORTIVA CANOSA-RUS


O pasado xoves 25 de maio celebramos por fin a esperada xornada deportiva de convivencia cos alumnosas de 6º E.P. do CEIP Canosa-Rus. Recibímolos a primeira hora da mañá e tras unha breve presentación, nos dispuxemos a comezar a actividade deportiva. Nesta ocasión participamos en 3 xogos: fútbol sen balón, balón torre e brilé. Os equipos estaban formados por xogadores/as de ambos centros e identificados con petos de cores. Ademais, para facilitar a comunicación e o coñecemento mutuo, cada neno e nena levaba enganchada unha tarxetiña onde se vía o seu nome.

  O tempo acompañou e os partidos transcorreron nun ambiente excepcional de compañeirismo, xogo limpo e respecto polos outros/as e as normas. Tan só houbo un pequeno lesionado que rapidamente se recuperou.

  Logo da xornada deportiva chegou o momento do recreo e con el a hora de recuperar forzas cunha boa merenda e a oportunidade de convivir durante un intre máis xogando libremente.



  Tras desta pausa, acercámonos á biblioteca onde os nosos alumnos/as de 6º dramatizaron os contos que con tanta ilusión levaban toda a semana practicando: a poesía "El ciempiés futbolista", de Gloria Fuertes, por parte de 6ºA; e "Este é Toribio" e "Toribio, o contador de contos", de Carlos Casares, por parte de 6ºB. Con isto e co agradecemento pola visita, demos por finalizada a xornada de convivencia, non sen antes desexar un bo final de curso e coa intención de repetir a experiencia para o vindeiro curso. Cousa que agardamos con expectación!

  Velaiquí o enlace ao vídeo no que podedes comprobar o ben que o pasamos!

<iframe width="800" height="450" src="http://www.kizoa.com/embed-116911420-7628926o2l1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

 E non vos perdades a experiencia na biblioteca!

https://www.youtube.com/watch?v=usY9bJkNX8g

https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=ftgSoCKmaHE

https://www.youtube.com/watch?v=9G7vBLDr_iw


venres, 5 de maio de 2017

PON UNHA BICI NA TÚA VIDA

MONTANDO EN BICICLETA... AXUDAS AO PLANETA!!!!
    Agora que xa pasou a data e vivistes a experiencia, xa vos resulta un lema coñecido 😀 Pero imos comezar polo prinicpio da historia...

  O sedentarismo, ou a falta de actividade física, é unha das enfermidades máis frecuentes a día de hoxe. De feito, os estilos de vida sedentarios son unha importante causa de obesidade, discapacidade e mortalidade. Podedes comprobalo vós mesmos nas vosas casas ou cos amigos e amigas.. Moitos nenos e nenas pasades os vosos ratos de lecer co ordenador, a tablet, o teléfono móvil, os videoxogos ou mesmo a televisión en lugar de xogar fora, correr ou practicar algunha actividade física. A meirande parte acudides ao cole en transporte escolar ou ben en coche e só uns poucos e poucas o fan a pé ou mesmo en bici. 

    Por todo isto, un profe de E.F. de Murcia, tivo unha idea brillante: provocar un cambio nos estilos de vida dos alumnos/as facéndoos máis predispostos cara a actividade física. Pero.. Como?? promocionando e promovendo o uso da bicicleta no centro escolar. Alberto, que así se chama este superprofe, propuxo aos nenos/as deste centro que, sempre que lles fose posible, acudisen todos os días ao colexio en bicicleta. Pero non se conformou con isto! Decidiu incluír a todos os nenos/as posibles e ideou unha longa viaxe dende o seu centro: o CEIP San Roque de Ceutí, en Murcia, ata o noso: o CPI San Roque de Coristanco! Case 1.150 km!!! 
   Organizou unha campaña que ten como eslogan "Montando en bicicleta, axudas ao planeta". Este é o enlace da páxina onde podedes atopar toda a información:



   No noso cole tamén quixemos colaborar e na última etapa da súa viaxe, acompañástelo coma un xigantesco equipo ciclista, moitos coas vosas bicis e ben equipados de forma segura co casco. A profe María Dolores comprometeuse a fondo co proxecto e inclusive conseguiu un arco de meta para que a chegada fose aínda máis espectacular se cabe!! Non teño dúbida de que foi unha xornada xenial, chea de ilusión e de novas vivencias e unha grande mágoa ter que perdela. 

  Aínda que non será fácil volver a repetila pronto, si me gustaría dende aquí lanzar un reto... Agora que a climatoloxía é máis suave e o sol nos acompaña máis a miúdo... Porque non lle propoñedes aos vosos papás e mamás cambiar o traxecto ao cole en coche pola bici ou mesmo a camiñata?? Non sempre será posible, pero se aproveitades as ocasións que teñades de seguro pasaredes un bo ratiño en familia e o camiño para a escola será máis ameno. Probádeo e contádeme!!!